Correo electrónico

boiroteca@gmail.com
Mostrando entradas con la etiqueta Palabra de Boirotek@!. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Palabra de Boirotek@!. Mostrar todas las entradas

miércoles, 21 de enero de 2015

Palabra de Boirotek@!: Entrevistas a libreir@s da vila

As nosas Boirotekas máis novas están facendo un traballo de investigación sobre os hábitos de lectura na vila, a través dunha serie de entrevistas a diferentes persoas que nos amosan a súa relación cos libros e a lectura en xeral.

A primeira entrevista achéganos a Pili, a libreira que rexenta a libraría máis próxima ó Instituto.

Agardamos que sexa do voso interese e lembrade, a lectura é o comezo dunha viaxe que nunca terá fin e levaravos ós lugares máis asombrosos do Universo.



Entrevistas libreir@s da vila: Librería PILI





Nome: Librería Pili

Rúa: Avd. de Compostela

Rexentada por: Pilar Silva Castro

- Ola, podémoslle facer unhas preguntas?
Si, por suposto.

- Cantos anos leva aberta a libraría? En que ano se abriu?
Abriu hai 32 anos, no 1982.

- Trátase dun negocio familiar? Que xeración é a actual?
Si, é un negocio familiar. Son a primeira xeración.

- Nestes tempos nos que se le pouco, segue a ser un negocio que funciona?
Non, só se mantén pola papelaría, coma a maioría das librerías. É o que a está á salvar.

- Nota a competencia do libro electrónico?
Si, nótase moitísimo.

- Le a xente de Boiro? Merca moitos libros?
Non, moi pouco. Case non se mercan libros.

- Que tipo de libros vende máis?
O que máis se vende é a intriga, o misterio e a ciencia ficción.

- Supoñemos que como libreira, é afeccionada á lectura.
Si, moitísimo.

- Que prefire: novela ou poesía?
Novela, sen dúbida.

- Cando e onde lle gusta ler?
Aquí, na librería, polas tardes, cando hai pouca clientela.

- En que lingua adoita ler?
Normalmente en castelán.

- Cal é o seu escritor-a preferido?
Teño moitos pero, neste momento, gústame moito Dolores Redondo.

- Que lía á nosa idade?
Lía sobre todo a Xulio Verne, aínda que tamén lía a outros escritores.

- Que está a ler agora?
Estou lendo “El asesinato por diversión”, de Fredric Brown.

-Que é a lectura para vostede?
É un modo de ampliar vocabulario, de pasar uns momentos agradables, de entreterse, etc.

-Por último, que libros nos recomendaría?
Eu recomendo a Laura Gallego, é moi boa e idónea para a vosa idade.

-Moitas grazas pola súa atención.

jueves, 23 de octubre de 2014

Palabra de Boirotek@!: TOP 5 Escritores de MEDO

TOP 5 ESCRITORES DE MEDO 

por Camila Rodríguez Soto e
Tareixa Gómez Silva (1ºBACH B)


Os relatos de terror comezaron a popularizarse no século XVII e estaban ambientados, na súa maioría, na  Idade Media e sempre estiveron relacionados coa fantasía. Os mortos viventes, ou  o  diaño eran os temas máis comúns aínda que tamén as torturas da Santa Inquisición eran un tema que, naquela época, aterrorizaba a xente. A revolución científica do século  XVIII abriu un novo camiño temático para as historias de medo xa que as centrou máis nos novos alcances da chamada tecnoloxía moderna.  Moitos autores sumáronse a este xénero, converténdose así, en grandes figuras da literatura de terror.


1. Edgar Allan Poe (1809-1849)


Este escritor americano viviu tan só 40 anos, pero deixou tras de si unha extensa obra literaria que é aclamada en todo o mundo. Escribiu entre outros, poemas, e contos como O corvo (1845), As campás (1849) ou Contos do grotesco e do arabesco (1840).






2. Bram Stoker (1847-1912)

Novelista irlandés  que escribiu numerosos relatos curtos e novelas entre as cales destacan O misterio de mar (1902), O paso da serpe (1890) ou A dama da mortaxa (1909) e por suposto a súa obra máis coñecida, Drácula (1897) na cal constrúe o retrato dun dos personaxes  máis sinistros e  famosos da historia.




3. Stephen King (1927)

É considerado un dos grandes inxenios da literatura de terror e, a el lle debemos moitas das máis aclamadas obras. Novelas como Carrie, O resplandor ou It que son considerados referentes no xénero.








4. Howard P. Lovecraft (1890-1937)

Foi un escritor estadounidense de relatos de terror que innnovou neste xénero incorporando elementos de ciencia ficción como o son os alieníxenas, as viaxes no tempo, a existencia de mundos paralelos… Escribiu verdadeiras obras maestras como Danzas Macabras (1981), A chamada de Cthulhu (1926) ou Nas montañas da loucura (1931).



5. Mary Shelly (1797-1851)

Feminista e dramaturga recoñecida sobre todo  por ser a autora da novela  gótica  Frankenstein ou o Moderno Prometeo (1818) , O último home (1826) ou  Mathilda (1920) que trataban temas máis preto á  moral e a ciencia.