Correo electrónico

boiroteca@gmail.com

lunes, 15 de diciembre de 2014

As Matemáticas tamén se len.

Na vosa biblioteca vos hemos seleccionado un conxunto de lecturas moi relacionadas coa diversión e coas matemáticas. Agardamos a vosa visita!



Malditas matemáticas, Alicia en el país de los números de Carlos Frabetti (Lectura recomendada entre os 14 e 16 anos)

El asesinato del profesor de matemáticas de Jordi Sierra i Frabra (Lectura recomendada, 12 anos)


Planilandia, de Edwin A. Abbot, (Recomendado entre os 14 e 16 anos)


El Señor del Cero, de Mª Isabel Molina (Recomendado entre os 12 e 14 anos)



El crimen del triángulo equilátero, de Emili Teixidor (Recomendado entre os 12 e 14 anos)


El Hombre Anumérico, de John Allen Paulos (Recomendado a partir dos 16/18 anos)


El hombre que calculaba, de Malba Tahan, (Recomendado entre os 14 e 16 anos)

La fórmula preferida del profesor, Yoko Ogawa (Recomendado a partir dos 16/18 anos)

 El remoto decimal, de Gonzalo Moure, (Recomendado entre os 12 e 14 anos)


El diablo de los números, de Hans Magnus Enzensberger, (Recomendado entre os 12 e 14 anos)


La Selva de los números, de Ricardo Gómez (Recomendado a partir dos 8 anos)
 
¿Odias las matemáticas? de Alejandra Valleja-Nájera, (Recomendado entre os 12 e 14 anos)

jueves, 11 de diciembre de 2014

Exposición: A Muller innovadora na Ciencia

 Xa podedes visitar a exposición sobre as innovacións feitas na Ciencia por mulleres na Planta Baixa e No 1º Andar do Edificio Principal do Instituto. Non deixedes de vela!



miércoles, 10 de diciembre de 2014

Escritora do Mes: J.K. Rowling (Harry Potter)

J. K. Rowling 


Joanne "Jo" Rowling, nada o 31 de xullo de 1965 en Yate, South Gloucestershire, Reino Unido, máis coñecida como J. K. Rowling, é a autora da serie de libros de fantasía Harry Potter. Os seus libros fixéronse famosos en todo o mundo, gañaron múltiples premios e venderon máis de 400 millóns de copias. As novelas foron a base dunha popular saga de filmes, a cuxos guións Rowling daba a súa aprobación, ademais de manter un control creativo e ser produtora dos filmes.

Rowling artellou a idea da serie nunha viaxe en tren de Manchester a Londres en 1990. En marzo de 2011, a revista Forbes estimou que a fortuna de Rowling ascendía a mil millóns de dólares estadounidenses. A escritora obtivo o Premio Príncipe de Asturias da Concordia no ano 2003, así como outros recoñecementos internacionais. Colabora con varias organizacións caritativas, como Comic Relief, One Parent Families, Multiple Sclerosis Society of Great Britain e Lumos.

Harry Potter


Sinopse:

Durante moitos anos o mundo máxico foi aterrado polo mago malvado Lord Voldemort, o cal descubriu o refuxio da familia Potter, e os matou cunha maldición asasina. Cando quixo matar ao pequeno Harry Potter, a maldición asasina, Avada Kedavra vólvese sobre si mesmo. O corpo de Voldemort resulta destruído, pero o seu espírito sobrevive: non está morto nin vivo. Pola súa banda, a Harry só lle queda unha cicatriz con forma de raio na fronte e o mundo máxico comeza a chamalo «o neno que sobreviviu».

Despois disto Harry vive cos únicos parentes que ten vivos: os seus tíos e o seu primo. Pero isto non lles serve de nada, antes do 11º aniversario de Harry empezan a chegarlle cartas do Colexio Hoghwatrs de Maxia e Feitizaría.

A partir dese momento, Harry pasa a maior parte do seu tempo en Hogwarts, onde vive moitas aventuras cos seus amigos Ron Weasley e Hermione Granger e vaise preparando para o día no que teña que enfrontarse a Voldemort…



Opinión personal:

Non fai falla que fale de aspectos dos libros porque supoño que TODOS lerían alguna vez Harry Potter ou, os máis vagos, verían as películas (os que non igual levan un Imperio ou Avada Kedavra así que, mellor collede os libros na biblioteca para lelos, que sae máis rentable). 

De toda a saga para min, os mellores libros son os dous primeiros, onde ves a infancia de Potter e “Harry Potter e o misterio do príncipe” porque contános a historia de Severus Snape que é para min, un dos mellores personaxes da saga (e dio una Gryffidor de corazón).

O que máis me gusta dos libros de Potter son algunas frases que son magníficas (e teño marcadas con papeis XD) ben, tamén a sabedoría de Granger e o medo as arañas de Ron (por certo, aconséllovos ver a 2º película de Harry Potter na Galega, ademáis de estar super ben traducida o momento das arañas é de fábula). 

 O que menos me gusta nos libros é que se fala ben pouco dos pais de Potter e os seus amigos. A mín faltoume quizais un pouco máis da súa historia e que a escritora nos metera no mundo das falcatruadas dos Merodeadores.

 
En canto aos  personaxes non se pode falar  moito deles, cada un ten esa maxia que consegue darlles  J.K. Rowling. Vemos como estes evolucionan ao longo dos anos en Hogwarts. Encántame o trio de ouro, sobre todo Hermione e os seus magníficos momentos. Pero os mellores, para min, son os xemelgos Weasley: Fred e George.


SPOILERS DAME MOITÍSIMA PENA CANDO MORRE FRED!! E MOI TRISTE. Se puidera cambiar algo do libro, serían as mortes de Fred e Snape 
FIN DE SPOILER

Frases dos irmánsWeasley:


-Ron, ¿prestasnos a Pigwidgeon?
-Non, está entregando unha carta, para que o queredes?
-Porque George quere que sea a súa parexa de baile




Non teño máis que dicir, só que, a quen lle guste Harry Potter, pode facer a proba do sombreiro seleccionador na web que creou J.K. Rowling chamada Pottermore :https://www.pottermore.com/es






Deixo a miña puntuación a continuación:

9 ¾ 

jueves, 4 de diciembre de 2014

Biblioteca escolar... matemático!!!: 4S M4T3M4T1C4S T0M4N 4 B1BL10T3C4

http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/687

Este curso as Bibliotecas Escolares teñen como tema as matemáticas, e  xa tomaron a nosa biblioteca enchéndoa de números, cálculos e fórmulas.

Aquí atoparás xogos matemáticos, crebacabezas, lecturas, exposicións,...

Pero non pensedes que todo son problemas e contas, as mates poden ser moi divertidas!

Racha cos prexuízos!!!!

Ven á biblioteca e compróbao!

lunes, 24 de noviembre de 2014

Novembro, Mes da Ciencia en Galego nas bibliotecas

http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/711
Preme na imaxe para ir á páxina

Un grande empresario dicíame non hai moito tempo: “Aos científicos valorarannos aquí cando algún se faga moi rico cos seus achados”.

A min non me parece que os galegos valoren pouco a ciencia e os seus científicos. Ao contrario, penso que estamos entre as profesións mellor consideradas. Temos a gran sorte de que a xente da nosa terra valora o traballo e a dedicación aos demais por riba de todo.

Tampouco creo que ningún científico teña entre os seus obxectivos facerse rico. O seu tesouro é o coñecemento e a súa ilusión buscar o porqué das cousas. A súa gran ledicia prodúcese cando fan un descubrimento que lles dá respostas ás preguntas que se fixeron e que ninguén fora quen de albiscar.

Gustaríalles traballar na súa terra, pero para iso precisan medios para investigar e un salario que lles permita vivir. Non lles importa que non sexa moito o que gañen, pero si que o proxecto, o grupo onde traballan e o ambiente sexa estimulante.

E temos que procurar entre todos que estas condicións se dean aquí. O noso número de investigadores é aínda moi baixo e as condicións nas que se desenvolve o seu traballo distan moito de ser comparables coas dos países máis desenvolvidos.

E é preciso cambiar esta situación. A investigación é o motor do desenvolvemento e da riqueza dos pobos, e temos que procurar reter o noso talento e mesmo captar novo talento do exterior.

Tamén temos, os propios científicos, que integrarnos máis na sociedade, na nosa cultura, no noso sistema produtivo, e sobre todo contar o que estamos facendo.

Cos anos cada vez concédolle máis importancia a divulgar a ciencia. Facela é importante, pero tanto ou máis é contar que sabemos e tantos e tantos misterios e problemas que aínda non conseguimos chegar a entender. Saber isto é a única maneira de que a xente valore o que os científicos fan, pero sobre todo é a única maneira de comprender o mundo que nos rodea e poder xulgar criticamente o que nos din, o que é igual que ser máis libres.

E para chegar á xente da nosa terra hai que facelo no nosa lingua. “Sentímolo noso”, escribía unha mestra dun dos institutos (o meu favorito) onde cada vez que podo voulles contar o que facemos aos alumnos. Entusiasmo e proximidade son a clave da divulgación científica, e que te sintan como eles, do seu mundo, coa nosa fala, é a garantía para que a ciencia se aprecie aínda máis e moitos dos nosos rapaces queiran dedicarse a ela.

Texto do científico Ángel Carracedo con motivo da celebración do Mes da Ciencia

FOLLETO

MATERIAIS

 

viernes, 21 de noviembre de 2014

Novidades en cómic na Biblioteca

Xa podes disfrutar  dunha coidada selección do mellor cómic na túa Biblioteca de Centro favorita!
Nuff Said!

jueves, 6 de noviembre de 2014

Entrega de Premios Samaín 2014



E chegou o outono cargado de historias de medo, fotos de terror e cabazas malignas, e dende a Biblioteca celebramos a III Entrega de Premios do Samaín 2014.

As gañador@s son:

III Concurso de relatos de terror


1º Ciclo da ESO:
Delia López Fernández, 1º ESO A, co relato "La muñeca encantada".


2º Ciclo da ESO:
Marta Folgar Martínez, 3º ESO B, co relato "O fogar dos mortos"

Bacharelato:
Lois Pimentel Iglesias, 2º Bacharelato C, co relato "Máis eles non deben falar"

III Concurso de Fotos de Medo



ESO:
Lidia Brión Río, Noelia Tubio Pérez e Alba Sieira Bretal , 3º ESO B.





Bacharelato:
Sergio Dieste Ballesteros , 2º Bacharelato D.

III Concurso de Decoración de Cabazas

 
ESO:
Javier García del Río, Denisse Sieira Pérez e Manuel Piñeiro González da Aula Específica.


Ángel Paz Novo de 1º ESO B.

Moitas grazas a tod@s pola vosa participación e contamos convosco para o próximo certame.

Durante a entrega de premios agasallamos o noso padal comendo unha deliciosa tarta de cenoria feita polas alumnas Claudia e Carme de 2º Bacharelato D.







Aproveitamos para poñeros unhas poucas fotos máis.

A disfrutalas!