Correo electrónico

boiroteca@gmail.com

lunes, 4 de noviembre de 2013

Xa temos gañadores dos concursos do Samaín 2013


O pasado mércores 30 de outubro fíxose a entrega dos premios ós gañadores dos concursos que celebramos polo Samaín.
Noraboa ós premiados, e moitas gracias pola vosa participación, que esperamos que medre para o próximo ano.

Relación de premiad@s:

Preme no salto para ver máis.


lunes, 21 de octubre de 2013

O Lobo da Xente de Vicente Risco




 
o sucedido que vou referir contáronmo como certo. Dixéronme onde foi, que foi preto de Trives; vive aínda quen mo contou, e que, cando era novo, coñeceu a todas as persoas que andaron na historia, porque tampouco non hai tanto tempo que pasou: haberá coma cincuenta ou sesenta anos. Mais entre aquel tempo e o noso hai moita máis distancia que a que eses sesenta anos representan: hai toda a que poñen a soberbia e a pseudo cultura. 
 
Dígoo porque agora que andan os sabios esbesullándose para esculcaren unha chea de feitos desta clase, o vulgo letrado das vilas non quere dar creto a estas historias por máis que llo aseguren persoas asisadas e verdadeiras. Eu teño para min que os antigos sabían disto moito máis do que nós podemos sospeitar tan sequera, e que moito do que sabían os antigos aínda o sabe o vulgo iletrado das aldeas. 
 
Mais imos ao conto. 

Boiroteca recomenda: Lecturas para morrer de MEDO


A Biblioteca do IES Praia Barraña fixo unha selección de lecturas de terror que poderás atopar este mes en promoción.


Pel de Lobo de Xosé Miranda

Relatos de terror de Howard Philips Lovecraft

Drácula de Bram Stoker

Relatos de Monstruos de Steven Zorn

El Fantasma de Canterville de Oscar Wilde

O can dos Baskerville de Arthur Conan Doyle

El escarabajo de oro y otros cuentos de Edgan Allan Poe

Contos de lobos de Anxel Fole

Á lus do candil de Anxel Fole

Cando petan na porta pola noite de Xabier P. Docampo

13 badaladas de Suso de Toro

Cartas de Inverno de Agustín Fernández Paz

Aire Negro de Agustín Fernández Paz

Gárgola de Carlos Vilasesto

Cazaría Salvaxe de Agustín Agra

Vestio de Xosé Miranda

O tesouro das ánimas de Conchi Regueiro

O lobishome de Candeán de Paula Carballeira

Frankenstein de Mary Shelley

Entrevista con el Vampiro de Anne Rice

En banda deseñada...

Frankenstein de Sergio A. Sierra e Meritxell Ribas


Concursos de MEDO: Fotografías, cabazas e relatos

Temos en marcha tres terroríficos concursos nos que vos animamos a participar.

Haberá suculentas recompensas para os mellores traballos presentados.


lunes, 30 de septiembre de 2013

Benvidos ao novo curso

Comeza o curso un ano máis e aquí vos agardamos para darlle vida á Biblioteca do insti.
Temos preparadas moitas sorpresas para este ano, co club de lectura, máis concursos, máis cómics e lecturas de calidade que esperatán en ti novas inquedanzas.

Temos en marcha tres fabulosos concursos para este primeiro mes .

Permanecede atent@s.

jueves, 6 de junio de 2013

Xa temos gañadores!

Por fin xa temos gañadores do fabuloso concurso de fotografía!!

Dende a Boiroteca estamos moi agradecidos pola vosa participación e o interese amosado, e desexamos que sigades visitándonos.

Sen máis, os gañadores son:

Cristina Costoya García 2ºESO B

David Pouso Alonso 1º BACH- D

Manuel Martínez Puente 2º ESO A
Noraboa!
Podedes recoller os vosos premios o próximo martes día 11 xuño, no primeiro recreo na Biblioteca.

martes, 28 de mayo de 2013

Fotos do concurso "E ti onde les?"

View all


O equipo da Biblioteca do IES Praia Barraña de Boiro ten o pracer de felicitar a tod@s @s participantes do concurso " E ti, onde les?" celebrado no mes de abril.

Os finalistas serán expostos no corredor que leva á sala de profesores.

Non esquezades visitar a nosa sección de cómic que ten moitas novas, e lembrade que calquera colaboración, suxestión, pregunta... podedes enviala a boiroteca@gmail.com

Saúdos.

jueves, 11 de abril de 2013

Abril, mes dos libros

Abril é o mes dos libros. Compañeiros de papel que nos levarán da man ata as máis inesperadas e emocionantes paisaxes da nosa mente.

Dende a Biblioteca do IES Praia Barraña preparamos un estupendo concurso de fotografía e de animación á lectura.

...e ti, onde les?






Lembrade que seguimos coas actividades do club de lectura e que vos animamos a que vos unades.

jueves, 28 de febrero de 2013

24 de Febreiro. Día de Rosalía.


Gañadores do Concurso de Declaracións de Amor




O pasado día 14 entregáronse os premios ás Frases e Declaracións de amor máis votadas polos compañeiros.



No primeiro ciclo, a declaración máis votada foi a de Laura Fajardo Buceta de 1º ESO A:

Es o mellor que me pasou na miña vida. 

De todas as veces que puidera vivir, todas repetiría a mesma historia de amor contigo. 

Cando te vexo, soño e, cando soño, véxote. Xa non sei cando estou esperta.

 

Ana Bugallo Sánchez, de 3º ESO A, foi quen levou o galardón correspondente ó 2º ciclo:

Sinto necesidade. De que? De ti. 

De terte preto, ao meu carón. 

De poder escoitar os teus latexos. 

De abrir os ollos cada mañá e saber que te teño xunta min. 

Desas caricias que con tanto agarimo me dás. 

Pero o que máis preciso neste intre, é ter o valor suficiente para dicirche todo o que sinto por ti. 

Non sabes o necesario que es para min nesta vida á que soamente, ti lle das sentido.


No Bacharelato foi Desirée Rodríguez Torrado, de 2º BACH C, quen resoltou escollida:

Ata este momento o único que coñecía era a morte, o malvado e a escuridade,

pero ao ver os teus ollos, o meu mundo encheuse de luz;

ao falarme, os meus días enchéronse de beleza e paz e,

ao amarnos, sentín que me devolviches á vida. 

 






Dende o equipo da Biblioteca agradecemos a vosa participación e animámosvos a que sigades colaborando con nós.




miércoles, 6 de febrero de 2013

Frases ou declaracións de amor

cartaz do concurso
A biblioteca do centro ten o pracer de convidarvos a participar nun certame de frases ou/e declaracións de amor polo Día dos Namorados (14 de febreiro) e a votar as que máis vos gusten cubrindo o seguinte formulario.

Os ganadores e/ou gañadoras daranse a coñecer o día 14 de febreiro no segundo recreo na Biblioteca.