Correo electrónico

boiroteca@gmail.com

jueves, 22 de enero de 2015

Suxestións de lecturas de amor



Pasa polo expositor da biblioteca onde atoparás unha ampla selección de libros de amor.
Seguro que hai un libro para ti.

miércoles, 21 de enero de 2015

Palabra de Boirotek@!: Entrevistas a libreir@s da vila

As nosas Boirotekas máis novas están facendo un traballo de investigación sobre os hábitos de lectura na vila, a través dunha serie de entrevistas a diferentes persoas que nos amosan a súa relación cos libros e a lectura en xeral.

A primeira entrevista achéganos a Pili, a libreira que rexenta a libraría máis próxima ó Instituto.

Agardamos que sexa do voso interese e lembrade, a lectura é o comezo dunha viaxe que nunca terá fin e levaravos ós lugares máis asombrosos do Universo.



Entrevistas libreir@s da vila: Librería PILI





Nome: Librería Pili

Rúa: Avd. de Compostela

Rexentada por: Pilar Silva Castro

- Ola, podémoslle facer unhas preguntas?
Si, por suposto.

- Cantos anos leva aberta a libraría? En que ano se abriu?
Abriu hai 32 anos, no 1982.

- Trátase dun negocio familiar? Que xeración é a actual?
Si, é un negocio familiar. Son a primeira xeración.

- Nestes tempos nos que se le pouco, segue a ser un negocio que funciona?
Non, só se mantén pola papelaría, coma a maioría das librerías. É o que a está á salvar.

- Nota a competencia do libro electrónico?
Si, nótase moitísimo.

- Le a xente de Boiro? Merca moitos libros?
Non, moi pouco. Case non se mercan libros.

- Que tipo de libros vende máis?
O que máis se vende é a intriga, o misterio e a ciencia ficción.

- Supoñemos que como libreira, é afeccionada á lectura.
Si, moitísimo.

- Que prefire: novela ou poesía?
Novela, sen dúbida.

- Cando e onde lle gusta ler?
Aquí, na librería, polas tardes, cando hai pouca clientela.

- En que lingua adoita ler?
Normalmente en castelán.

- Cal é o seu escritor-a preferido?
Teño moitos pero, neste momento, gústame moito Dolores Redondo.

- Que lía á nosa idade?
Lía sobre todo a Xulio Verne, aínda que tamén lía a outros escritores.

- Que está a ler agora?
Estou lendo “El asesinato por diversión”, de Fredric Brown.

-Que é a lectura para vostede?
É un modo de ampliar vocabulario, de pasar uns momentos agradables, de entreterse, etc.

-Por último, que libros nos recomendaría?
Eu recomendo a Laura Gallego, é moi boa e idónea para a vosa idade.

-Moitas grazas pola súa atención.

lunes, 19 de enero de 2015

Concurso de CARTAS DE AMOR por San Valentín


Ola.
Xa se aproxima o día dos namorados e a vosa Biblioteca comenza a arrecender a pétalos de rosa.

Convocamos o CONCURSO DE CARTAS DE AMOR coas seguintes bases:

- Pode participar calquera persoa que pertenza á comunidade educativa do IES Praia Barraña de Boiro.
- Escribe unha carta de amor e deposítaa na caixa de correos que atoparás na Biblioteca.
- O prazo de entrega remata o día 6 de febreiro.
- A tres mellores cartas serán premiadas.

Respirade a fondo para osixenar as bolboretas do estómago, calmar a patata e baixar a bilirrubina e poñédevos mans á obra!

E para inspirarvos velaí unha bonita canción de amor.
Lela de Castelao, intepretada por Dulce Pontes.

Love is in the air.