Correo electrónico

boiroteca@gmail.com

jueves, 23 de octubre de 2014

Suxestións de Lecturas: MEDO

Achégase o Samaín e na Biblioteca preparámonos para celebralo.
As Boirotekas Iria Somoza González e Soraya Muñiz Magallanes de 2ºBACH C fan unha coidada selección de lecturas e películas de medo que faran tremer ao/á máis ousad@. Velaí vos vai.
  • Cara á fin da luz, Carlos Vila Sexto.
  • Aparicións e Santa Compaña, X. R. Mariño Ferro
  • Pel de Lobo de Xosé Miranda
  • Relatos de terror, Los Mitos de Cthulhu, La Sombra sobre Innsmouth, El horror de Dunwich, Las Montañas de la Locura,... de Howard Philips Lovecraft
  • Drácula de Bram Stoker
  • Relatos de Monstruos de Steven Zorn
  • El Fantasma de Canterville de Oscar Wilde
  • O can dos Baskerville de Arthur Conan Doyle
  • El escarabajo de oro y otros cuentos de Edgan Allan Poe
  • Contos de lobos de Anxel Fole
  • Á lus do candil de Anxel Fole
  • Cando petan na porta pola noite de Xabier P. Docampo
  • 13 badaladas de Suso de Toro
  • Cartas de Inverno de Agustín Fernández Paz
  • Aire Negro de Agustín Fernández Paz
  • Gárgola de Carlos Vila Sexto
  • Cazaría Salvaxe de Agustín Agra
  • Vestio de Xosé Miranda
  • O tesouro das ánimas de Conchi Regueiro
  • O lobishome de Candeán de Paula Carballeira
  • Frankenstein de Mary Shelley
  • Entrevista con el Vampiro de Anne Rice
  • It, El Resplandor, Carrie, El misterio de Salem´s Lot, etc de Stephen King
  • La Princesa de Hielo, Gritos del Pasado,... de Camile Läckberg
  • Vuelta de Tuerca de Henry James
  • El Exorcista de William Peter Blatty
  • La Semilla del Diablo de Ira Levin
  • Cabal, Los Libros de la Sangre, Hellraiser,... de Clive Barker
  • El Príncipe de la Niebla de Carlos Ruiz Zafón
  • Crónicas Necrománticas de Brian Lumley

En banda deseñada...

  • Frankenstein de Sergio A. Sierra e Meritxell Riba
  • Cuna de Cuervos de María Zaragoza
  • Sandman de Neil Gaiman
  • Os Barbanzóns: A Noite do Samaín de Pepe Carreiro
  • Los Muertos Vivientes (The Walking Dead) de Robert Kirkman e Tony Moore
  • Os Lobos de Moeche de Manel Cráneo




Escritora do mes: Laura Gallego García


A boiroteka Rebeca González Diéguez, coa axuda de Andrea García Resúa (3ºESO B), inauguran esta sección adicando este mes de outubro á escritora de literatura fantástica e xuvenil Laura Gallego García cunha exposición de máis de vinte libros que Rebeca cede temporalmente á biblioteca e que están á vosa disposición.



Naceu o 11 de outubro de 1977, en Valencia.

É unha autora española de literatura xuvenil, especializada en temática fantástica. Estudou Filoloxía Hispánica na Universidade de Valencia e en 1999 gañou o premio O Barco de Vapor con Finis Mundi, unha novela ambientada na Idade Media. 
Tres anos despois volveu a obter o mesmo galardón con A lenda do rei errante. Actualmente a súa obra publicada comprende vintesete novelas xuvenís e algúns contos infantís, con máis dun millón de exemplares vendidos só en España e traducións a dezaseis idiomas, entre os que se encontran o inglés, o francés, o alemán e o xaponés. 

As súas obras máis populares entre os xóvenes lectores son Cronicas da Torre, Dúas velas para o díaño, Onde os árbores cantan, Alas de fuego, Alas negras, O libro dos portais e, especialmente, a triloxía de Memorias de Idhún. No 2011 recibiu o Premio Cervantes Chico polo conxunto de toda a súa obra, e en 2012 fue galardonada co Premio Nacional de Literatura Infantil y Xuvenil pola novela Onde os árbores cantan.

Ademais de libros de fantasía ten unha serie de libros Sara e as goleadoras que son de literatura realista y As fillas de Tara, que é de ciencia - ficción.





Onde as árbores cantan de Laura Gallego García:




Sinopse:
Viana, a única filla do duque de Rocagrís, está prometida ao mozo Robian de Castelmar dende que ambos os dous eran nenos. Os dous ámanse e casarán en primavera. 
Non obstante, durante os festexos do solsticio de inverno, un arisco montaraz advirte ao rei de Nortia e os seus cabaleiros da ameaza dos bárbaros das estepas... e tanto Robian coma o duque vense obrigados a marchar á guerra. 
En tales circunstancias, unha doncela como Viana non pode facer outra cousa que esperar o seu regreso... e, talvez, poñer atención ás lendas que se contan sobre o Gran Bosque... o lugar onde as árbores cantan.





Opinión persoal:
Este libro, para o meu gusto, é o MELLOR libro de Laura Gallego. Conta a historia de Viana centrándose no cambio de doncella “pitiminí” a unha auténtica guerreira. 
Que fai para lograr isto? Despois de que Nortia sexa collida polos bárbaros obligan casar a Viana cun deles. Nun momento mátao e escapa en montura cara o Gran Bosque, onde encontra a Lobo que lle axuda a ser unha guerreira: Viana pasa de poñerse vestidos a roupa de home, corta o pelo, aprende a cazar e loitar e vólvese forte.
Os personaxes en si son xeniais:
- Oki, o xuglar, un espírito libre que conta diversas historias.
- Lobo, que é o que axuda a Viana a convertirse nunha guerreira e a protexe.
- Viana, unha gran protagonista cun corazón de ouro.
-Uri, ben, non se pode describir del porque é indescriptible.
-Robian, é un cabaleiro que é máis… É detestable.
Que é o que máis e menos me gustou? O final, que che fai rir, chorar e sentir miles de diferentes sentimentos xa que é moi tenro, como o resto da historia.

SPOILER E é que despois de que Uri tornara de novo a ser unha árbore cantora e que Viana morrera, anos despois, ao carón de… E que é moi depresivo! FIN DE SPOILER


Frase favorita del libro:



Penso que todo o mundo debe lelo xa que ensínache, ademáis, moitos valores: non todo é sempre tan marabilloso como pode ser ( a vida de Viana, aínda sendo doncella, foi moi dura), o amor non sempre está nas persoas nas que nós cremos máis adecuadas e relacionado con isto, non podemos deixarnos levar polas apariencias.

Espero que o leades, os enganche e o amedes tanto coma min, deixo a miña puntuación.
9 ¾                        Ave Lunática
Pd: Puntuación máis alta porque, na miña opinión, un libro non pode ser perfecto así que esta é a máxima puntuación que lle poderei dar a calqueira




Triloxía  Memorias de Idhún de Laura Gallego García:


 Sinopsis:

Libro 1 : La Resistencia

O día en que se produciu en Idhún a conxunción astral dos tres soles e as tres lúas, Ashran el Nigromante fíxose co poder naquel planeta. No noso mundo, un guerreiro e un mago exiliados de Idhún formaron a Resistencia, á que pertencen tamén Jack e Victoria, dous adolescentes nacidos na Terra. O obxectivo do grupo é acabar co reinado das serpes aladas, pero Kirtash, un novo e desapiadado asasino, enviado por Ashran á Terra, non llo vai permitir...

Libro 2 : Tríada

Os membros da Resistencia chegaron por fin a Idhún, dispostos a facer cumprir a profecía. Pero non todo é tan sinxelo como parece. Asumirán os protagonistas o seu papel no destino vaticinado polos Oráculos? Pode confiar a Resistencia no seu novo aliado? Como serán recibidos en Idhún, despois de quince anos de ausencia? Cal será o próximo movemento de Ashran e os sheks?

Libro 3 : Panteón

Tras a última batalla contra Ashran e os sheks, moitas cousas parecen ter cambiado en Idhún. Non obstante, os Oráculos falan de novo, e as súas voces non son, nin moito menos, tranquilizadoras. Algo está a punto de suceder, algo que pode cambiar para sempre o destino de dous mundos... algo que, talvez, nin sequera os heroes da profecía sexan capaces de afrontar...


Opinión persoal:

Memorias de Idhún é unha triloxía que nos ensina, como moitas outras, que en España temos grandes escritores que poden facer obras tan boas como calqueira das triloxías que triunfan.
O libro básase practicamente no triágulo amoroso que hai entre Victoria , Kirtash e Jack, o que ás veces é un pouco pesado, pero acábase aguantando grazas a todo o imaxinativo da obra e a outra parte da historia, chea de maxia e que, se vos gusta a fantasía, namoraravos.


Eu este libro lino porque me gustara outro libro dela, A emperatriz dos etéreos e decidín que ía ler máis libros de Laura, encontrándome coa sorpresa que ao final do ano lera todos os seus libros  ( pero teño que dicir que, na miña opinión, Memorias de Idhún non é un dos seus mellores libros).

O que máis me gusta? Os personaxes secundarios son realmente xeniais, dálles unha gran importancia e fainos sentir un cariño especial cara a eles.

O que menos me gusta? O final, que final é ese? Ler tres libros como eses e encontrar a última páxina do Panteón que non é adorable, triste, graciosa nin che deixa coa boca aberta. Só quedas con cara perplexa e dicindo : Pero isto que é?!?

SPOILER: E máis aínda cando Victoria está xogando cos corazóns de Jack e Kirtash, é unha egoísta! Non lle vale con ter un, que quédase cos dous. Que se quedara con Jack dábame igual, que é un prepotente, pero Kirtash … FIN DO SPOILER
 
Claro que, despois dunha relectura para facer esta valoración, deime conta que se o miramos doutra forma, Victoria, na súa forma de unicornio, pode ser vista coma a nai natureza que, aínda que poida parecer un pouco ridículo, amános a nós, coa nosa condición de destrutores, e ama o resto da natureza. 

Esto é Kirtash (que é un shek) e Jack (o dragón). A súa loita por estar só cun deles, pero darase conta que quizáis non poda elixir un deles porque os dous son parte dela.

Cal é o meu personaxe favorito? Aínda que moita xente ama a Jack, prefiro mil veces antes a Kirtash porque é unha “ persoa” moito máis caval que Jack… Ou ben, polo menos inténtao, Jack nin o fai.
Espero que o leades e vos guste, deixo a miña puntuación.
9                          Ave Lunática


Palabra de Boirotek@!: TOP 5 Escritores de MEDO

TOP 5 ESCRITORES DE MEDO 

por Camila Rodríguez Soto e
Tareixa Gómez Silva (1ºBACH B)


Os relatos de terror comezaron a popularizarse no século XVII e estaban ambientados, na súa maioría, na  Idade Media e sempre estiveron relacionados coa fantasía. Os mortos viventes, ou  o  diaño eran os temas máis comúns aínda que tamén as torturas da Santa Inquisición eran un tema que, naquela época, aterrorizaba a xente. A revolución científica do século  XVIII abriu un novo camiño temático para as historias de medo xa que as centrou máis nos novos alcances da chamada tecnoloxía moderna.  Moitos autores sumáronse a este xénero, converténdose así, en grandes figuras da literatura de terror.


1. Edgar Allan Poe (1809-1849)


Este escritor americano viviu tan só 40 anos, pero deixou tras de si unha extensa obra literaria que é aclamada en todo o mundo. Escribiu entre outros, poemas, e contos como O corvo (1845), As campás (1849) ou Contos do grotesco e do arabesco (1840).






2. Bram Stoker (1847-1912)

Novelista irlandés  que escribiu numerosos relatos curtos e novelas entre as cales destacan O misterio de mar (1902), O paso da serpe (1890) ou A dama da mortaxa (1909) e por suposto a súa obra máis coñecida, Drácula (1897) na cal constrúe o retrato dun dos personaxes  máis sinistros e  famosos da historia.




3. Stephen King (1927)

É considerado un dos grandes inxenios da literatura de terror e, a el lle debemos moitas das máis aclamadas obras. Novelas como Carrie, O resplandor ou It que son considerados referentes no xénero.








4. Howard P. Lovecraft (1890-1937)

Foi un escritor estadounidense de relatos de terror que innnovou neste xénero incorporando elementos de ciencia ficción como o son os alieníxenas, as viaxes no tempo, a existencia de mundos paralelos… Escribiu verdadeiras obras maestras como Danzas Macabras (1981), A chamada de Cthulhu (1926) ou Nas montañas da loucura (1931).



5. Mary Shelly (1797-1851)

Feminista e dramaturga recoñecida sobre todo  por ser a autora da novela  gótica  Frankenstein ou o Moderno Prometeo (1818) , O último home (1826) ou  Mathilda (1920) que trataban temas máis preto á  moral e a ciencia.

Presentación d@s Boirotek@s - Grupo de voluntariado da Boiroteca

Inauguramos este curso un equipo de voluntariado, un grupo de 16 alumn@s, que colaborarán nos traballos da Biblioteca.



O grupo está formado por:

2º ESO A
  • María Gómez Sánchez
  • María Jacobs Sánchez   
  • Catarina Da Silva Lópes
3º ESO B
  •  Rebeca González Diéguez
  • Andrea García Resúa
1º BACHARELATO B
  • Tareixa Gómez Silva
  • Manuel Campos García
  • Camila Rodríguez Soto
 2º BACHARELATO C

  • Iria Somoza González
  • Soraya Muñiz Magallanes
  • Sara Tubío Pérez
  • Sara Díaz Rodríguez
2º BACHARELATO D
  •  Ángela Pouso González
  • Claudia Pinaque Alcalde
  • Sara Hermo Alonso
  • Manuel Núñez Nieto
 Son os nos@s Boirotek@s, un equipo de voluntarios a quen lles agradecemos a súa colaboración decorando a Biblioteca, facendo exposicións, suxestións de lecturas, entrevistas, reportaxes,...

Neste noso Blog iremos publicando todas as actividades e seccións fixas para este curso.

Grazas a tod@s

lunes, 6 de octubre de 2014

Samaín de Medo 2014


Como cada ano, chega o Samaín e dende a Biblioteca vos temos preparados un concursos de morte.
Non deixedes de participar!




Tutorial GIMP: Zombificación

Ola lectores e lectoras da Boiroteca.
Como se achega o concurso do Samaín, déixovos un vídeo onde explico como zombificar a alguén usando a ferramenta de retoque fotográfico gratuíta GIMP.

Espero que o pasedes de medo.