Correo electrónico

boiroteca@gmail.com

lunes, 24 de noviembre de 2014

Novembro, Mes da Ciencia en Galego nas bibliotecas

http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/711
Preme na imaxe para ir á páxina

Un grande empresario dicíame non hai moito tempo: “Aos científicos valorarannos aquí cando algún se faga moi rico cos seus achados”.

A min non me parece que os galegos valoren pouco a ciencia e os seus científicos. Ao contrario, penso que estamos entre as profesións mellor consideradas. Temos a gran sorte de que a xente da nosa terra valora o traballo e a dedicación aos demais por riba de todo.

Tampouco creo que ningún científico teña entre os seus obxectivos facerse rico. O seu tesouro é o coñecemento e a súa ilusión buscar o porqué das cousas. A súa gran ledicia prodúcese cando fan un descubrimento que lles dá respostas ás preguntas que se fixeron e que ninguén fora quen de albiscar.

Gustaríalles traballar na súa terra, pero para iso precisan medios para investigar e un salario que lles permita vivir. Non lles importa que non sexa moito o que gañen, pero si que o proxecto, o grupo onde traballan e o ambiente sexa estimulante.

E temos que procurar entre todos que estas condicións se dean aquí. O noso número de investigadores é aínda moi baixo e as condicións nas que se desenvolve o seu traballo distan moito de ser comparables coas dos países máis desenvolvidos.

E é preciso cambiar esta situación. A investigación é o motor do desenvolvemento e da riqueza dos pobos, e temos que procurar reter o noso talento e mesmo captar novo talento do exterior.

Tamén temos, os propios científicos, que integrarnos máis na sociedade, na nosa cultura, no noso sistema produtivo, e sobre todo contar o que estamos facendo.

Cos anos cada vez concédolle máis importancia a divulgar a ciencia. Facela é importante, pero tanto ou máis é contar que sabemos e tantos e tantos misterios e problemas que aínda non conseguimos chegar a entender. Saber isto é a única maneira de que a xente valore o que os científicos fan, pero sobre todo é a única maneira de comprender o mundo que nos rodea e poder xulgar criticamente o que nos din, o que é igual que ser máis libres.

E para chegar á xente da nosa terra hai que facelo no nosa lingua. “Sentímolo noso”, escribía unha mestra dun dos institutos (o meu favorito) onde cada vez que podo voulles contar o que facemos aos alumnos. Entusiasmo e proximidade son a clave da divulgación científica, e que te sintan como eles, do seu mundo, coa nosa fala, é a garantía para que a ciencia se aprecie aínda máis e moitos dos nosos rapaces queiran dedicarse a ela.

Texto do científico Ángel Carracedo con motivo da celebración do Mes da Ciencia

FOLLETO

MATERIAIS

 

viernes, 21 de noviembre de 2014

Novidades en cómic na Biblioteca

Xa podes disfrutar  dunha coidada selección do mellor cómic na túa Biblioteca de Centro favorita!
Nuff Said!

jueves, 6 de noviembre de 2014

Entrega de Premios Samaín 2014



E chegou o outono cargado de historias de medo, fotos de terror e cabazas malignas, e dende a Biblioteca celebramos a III Entrega de Premios do Samaín 2014.

As gañador@s son:

III Concurso de relatos de terror


1º Ciclo da ESO:
Delia López Fernández, 1º ESO A, co relato "La muñeca encantada".


2º Ciclo da ESO:
Marta Folgar Martínez, 3º ESO B, co relato "O fogar dos mortos"

Bacharelato:
Lois Pimentel Iglesias, 2º Bacharelato C, co relato "Máis eles non deben falar"

III Concurso de Fotos de Medo



ESO:
Lidia Brión Río, Noelia Tubio Pérez e Alba Sieira Bretal , 3º ESO B.





Bacharelato:
Sergio Dieste Ballesteros , 2º Bacharelato D.

III Concurso de Decoración de Cabazas

 
ESO:
Javier García del Río, Denisse Sieira Pérez e Manuel Piñeiro González da Aula Específica.


Ángel Paz Novo de 1º ESO B.

Moitas grazas a tod@s pola vosa participación e contamos convosco para o próximo certame.

Durante a entrega de premios agasallamos o noso padal comendo unha deliciosa tarta de cenoria feita polas alumnas Claudia e Carme de 2º Bacharelato D.







Aproveitamos para poñeros unhas poucas fotos máis.

A disfrutalas!



miércoles, 5 de noviembre de 2014

III Concurso de Fotos de Medo, Samaín 2014



Ola Boirotek@s!

Sigue unha relación das fotos presentadas ao III Concurso de Fotos de Medo Samaín 2014 do IES Praia Barraña.

Dende AQUÍ  poderedes acceder á galería de fotos.

O nivel foi moi alto, e agardamos que vos gusten.