Correo electrónico

boiroteca@gmail.com

martes, 12 de septiembre de 2023

Abrimos polo novo curso

 Boas xente, este ano abrimos de novo as nosas portas para encheros de concursos  e pasatempos, ademáis do acceso ós libros e tebeos e o espazo de relax, e moitas e moi interesantes seccións.



Agardámovos!

martes, 2 de mayo de 2023

APADRIÑAMENTO LECTOR

   

O pasado 26 de abril, alumnado do noso centro de 1º de Bacharelato realizou unha actividade de apadriñamento lector con alumnos e alumnas do CEIP Praia Xardín, de idades comprendidas entre 5 e 6 anos. Esta actividade de fomento da lectura resultou moi enriquecedora para o noso alumnado, que quedou encantado con este encontro e que recibiron ademais un bonito agasallo por parte dos nenos.


















miércoles, 19 de abril de 2023

SESIÓNS DE FORMACIÓN BIBLIOTECA DIXITAL E-LBE2

 
Adxuntamos un documento que resume a serie de webinars formativas deste terceiro trimestre, ás que se pode acceder doadamente desde a propia plataforma E-LBE.2






miércoles, 8 de marzo de 2023

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Hoxe 8 de marzo celebramos o Día Internacional da Muller. Na Biblioteca fixemos unha selección de obras con motivo da conmemoración deste día.