Correo electrónico

boiroteca@gmail.com

martes, 11 de febrero de 2014

Concurso de Whatsapps de amor polo día dos namorados



Relación dos whatsapps recibidos para o concurso de amor organizado por ciclos.




ESO


Non sei por que te trato mal, pero si sei por que te quero.


Cando miro para ti, non escoito os que me están falando.


Nas cousas que penso son: os exames, a miña vida... Pero o que máis quero es ti.


No día dos namorados case morro porque teño nostalxia de cando estaba contigo e todos están coas súas noivas.


Contigo coñecín as lágrimas de felicidade.        


Ama con loucura, o amor non dura para sempre, nunca digas nunca, pero  nada é para sempre.                     


Cada vez que me falas sinto que a vida se me para nun segundo, que o feito de respirar non vai cambiar a angustia que me pesa dentro. Tiña que dicircho, tiña que exteriorizalo. Debía saír a frote ese sentimento que levaba tanto tempo gardado dentro miña, ese que che fai cóxegas dentro do embigo. O amor, din. Só quero dicir aos catro ventos que me cansei xa de ocultarme, e que, se isto é amor, gustaríame que fose correspondido.


Quero que saibas que es a balanza que equilibra o meu mundo.


Quero que saibas canto te quero, todo o que significas para min, que es o meu todo. Es o meu vicio máis grande, que ti para min es como o whisqui para o alcohólico, como a nicotina para o fumador, como a comida para o vagabundo, como unha tragaperras para un ludópata, como o pan para o chocolate, a nata dos meu amorodos... Es toda a miña vida!


Quéroche a pesar dos máis de 10 000 km que nos separan.


Es a melodía que entra polos meus oídos, a luz que entra polos meus ollos, e o amor que me entra no corazón.


Desde que te conocí, lo eres todo para mí. Si me faltaras no podría vivir. Te quiero!!


 Ao mencer penso nos teus ollos que me iluminan, ao mediodía véxote e estoupo de alegría, e ao anoitecer penso en ti ata sen querer.


Es a cousa máis tenra e fermosa que coñecín na miña vida... ese sorriso que rechama nas túas meixelas namoroume por completo.


Es dono dos meus pensamentos, e cada vez que penso en ti o meu corazón latexa con máis forza. Quéroche e quero que esteamos xuntos sempre!

 
Esperta, pequena, que as nubes non se van ata que abras os ollos.


Se ti non estiveses aquí, nada sería igual.


Se fose o mar e ti a súa boca, subiría a marea para bicar a túa boca.


Meu corazón, meu cariño, meu amor, protagonista de todos os meus soños... Ti amósasme cada día cal é o verdadeiro significado de tan incógnito vocábulo, AMOR. Es a luz que alumea a miña escuridade, o meu raíño de sol nos días de choiva. Non mudo un só intre ao teu carón nin pola máis satisfactoria vitoria nin pola máis doce lambetada. Os teus brazos son o meu recuncho favorito. Téñoche lonxe, mais síntoche preto, moi preto. Necesítoche xunta miña cada día, cada minuto, cada segundo da miña vida. Se soubeses canto boto en falta eses fermosos ollos, ese inesquecíbel sorriso que me fai sorrir, os teus doces agarimos. Demóstrasme que non todos os heroes levan capa, es grande para min, o máis grande. Serei feliz se me gardas nun anaquiño do teu corazón. Grazas, débocho todo e máis. Quérote ata o infinito e máis alá.


Polo tanto que che quero, todo me fai pensar en ti: o cantar dos paxaros, o son da auga ou o son do vento.


Quérote... ámote... Elo todo para min... ti es a q me dá forzas para vivir, o sol do meu día e a lúa da miña noite... Ámote!!


BACHARELATO

Non podo ocultalo máis, estou namorada, teño que dicircho aínda que pola túa parte non sintas o mesmo ca min. Prefiro sentir dor por ti, que non sentir nada en absoluto. Estou namorada de ti.


Aínda que non queira estar contigo, é inevitable. En ocasións, o corazón gaña á razón. Pensas que é algo innecesario, ata que te dás de conta de que é algo que forma parte de ti.


Que o brillo dos teus ollos sexa a miña luz ao espertar cada día porque xa non sei espertar doutra maneira. 4ever túa.


Por que seguir negando o evidente? Xa estou cansa de verte, que me mires, mirarte, seguir coma se entre nós nada pasase. Quero estar contigo, namorarte, e dunha vez por todas, bicarte.


Ti es doce e eu manteiga ao verte. Fagamos xuntos un biscoito.


Camiñemos xuntos polos vieiros da vida.


Permíteme que a miña felicidade sexas ti de principio a fin.


Namoreime de ti unha vez. 100 veces máis o volvería a facer.


Todo o que quero é estar ao teu lado, escoitar a túa voz e ver ese sorriso, o sorriso máis bonito que nunca ninguén puido imaxinar.


Estar sen ti é como espertar sen a metade dun ceo azul.


Inmensa extensión do reflexo do ceo azul celeste, de abismal profundidade e vital orixe, magnífico é o amor que me provoca a túa fermosa serenidade.


Eu te amo tanto que quando eu estou con você, as palavras nao podem descrever como me sinto.


Cando estou contigo sinto que non hai nada máis, que non piso o chan e que só podo ver os teus ollos. Encántame como es, encántame todo de ti en xeral e non paro de pensar no feliz que sería contigo e no feliz que me gustaría facerche.


Es a miña metade, a quen quero ver ao espertar e ao deitarme.


Quixera ser eu a túa última conexión cada anoitecer.


E eu o teu primeiro en liña cada mañá.


Non ocultemos máis o inevitable. Entre nós hai máis ca unha amizade. Non hai día que non deixe de pensar en ti. Gústasme moito! A túa dozura e a túa amizade hipnotízanme.


A min gústame amar e a ti ser amado. Fariamos unha moi boa parella.


Quero poder sentirte preto de min, quero poder bicarte a cada momento, quero estar preso no teu pensamento, quero...te.


Bolboretas no estómago, nervios, sorrisos e bágoas. Póñenseme as fazulas vermellas, non son quen de mirarte e ti non dis nada. Eu a ti, quérote.


Pasei motio tempo pensando en que che podería dicir e en como cho podería dicir. E ocorréuseme unha frase moi bonita. Foi entón cando me dei de conta de que o máis bonito que lle puiden dicir a alguén é que o amo. Ámote.


Hoxe pola noite soñei contigo. Estabamos xuntiño, camiñando da man pola praia e moi alegres. Será posible que se faga realidade?


Sabes cando algo doce che gusta tanto que aínda que probes algo amargo, o pensamento do doce non che sae da cabezsa? Pois iso é o que me pasa a min contigo.


Se vivísemos nun mundo ideal, de seguro que eu sería unha raíña, unha raíña feliz e mimada polo meu rei. O meu rei que me querería máis ca nada, coma eu a el. Quérote meu rei!


Tanto os odiabas antes e tanto os queres agora?
A piques estiven de deixalos de lado, quitábanme moito tempo, deixábanme sen forzas e extenuado, mais ofrecéronme os mellores momentos da miña vida e ensináronme a ser eu mesmo; non  me arrepinto de seguir con eles... cos meus adestramentos.


Meu amor!!!! Durante cinco minutos intentei non quererte pero aos dez segundos deime de conta de que era imposible deixar de pensar en ti.


Dende que te coñecín, sentín algo especial por ti. Quéroche!


Ese preciso momento no que me miraches e fuches capaz de ver algo en min que ninguén  vira ata ese momento.


Non hai felicidade máis sincera que a que sinto despois dun bico teu. Quérote!


Quero que saibas que non existen palabras para describir como me sinto cando me aloumiñas, cando me abrazas ou cando me bicas, cando con voz pequeneira dis o meu nome, cando pousas a túa fronte na miña, cando me dis que estás namorada de min… E si, pode que ás veces me asuste ese sentimento tan forte pero teño algo claro: fostes e serás sempre o lugar onde quero quedarme.


Din que cando tes tantas cousas dando voltas na cabeza e pensas moito nelas é malo, pero é todo o contrario cando ti estás nelas.


Ti es quen enche todos e cada un dos espazos baleiros da miña existencia.


Hai cousas bonitas… pero para bonito o sorriso que me regalas cada día. Quérote!


Vivo nun mundo de tolos. Se non fose así, todos estarían tolos por ti.


Non necesito unha muralla na que agocharme se teño os teus brazos para protexerme. Quérote.


Ti es a cor do meu lenzo.


Cunha rosa e un bombón, eu entrégoche o meu corazón.