Correo electrónico

boiroteca@gmail.com

miércoles, 21 de enero de 2015

Palabra de Boirotek@!: Entrevistas a libreir@s da vila

As nosas Boirotekas máis novas están facendo un traballo de investigación sobre os hábitos de lectura na vila, a través dunha serie de entrevistas a diferentes persoas que nos amosan a súa relación cos libros e a lectura en xeral.

A primeira entrevista achéganos a Pili, a libreira que rexenta a libraría máis próxima ó Instituto.

Agardamos que sexa do voso interese e lembrade, a lectura é o comezo dunha viaxe que nunca terá fin e levaravos ós lugares máis asombrosos do Universo.



Entrevistas libreir@s da vila: Librería PILI





Nome: Librería Pili

Rúa: Avd. de Compostela

Rexentada por: Pilar Silva Castro

- Ola, podémoslle facer unhas preguntas?
Si, por suposto.

- Cantos anos leva aberta a libraría? En que ano se abriu?
Abriu hai 32 anos, no 1982.

- Trátase dun negocio familiar? Que xeración é a actual?
Si, é un negocio familiar. Son a primeira xeración.

- Nestes tempos nos que se le pouco, segue a ser un negocio que funciona?
Non, só se mantén pola papelaría, coma a maioría das librerías. É o que a está á salvar.

- Nota a competencia do libro electrónico?
Si, nótase moitísimo.

- Le a xente de Boiro? Merca moitos libros?
Non, moi pouco. Case non se mercan libros.

- Que tipo de libros vende máis?
O que máis se vende é a intriga, o misterio e a ciencia ficción.

- Supoñemos que como libreira, é afeccionada á lectura.
Si, moitísimo.

- Que prefire: novela ou poesía?
Novela, sen dúbida.

- Cando e onde lle gusta ler?
Aquí, na librería, polas tardes, cando hai pouca clientela.

- En que lingua adoita ler?
Normalmente en castelán.

- Cal é o seu escritor-a preferido?
Teño moitos pero, neste momento, gústame moito Dolores Redondo.

- Que lía á nosa idade?
Lía sobre todo a Xulio Verne, aínda que tamén lía a outros escritores.

- Que está a ler agora?
Estou lendo “El asesinato por diversión”, de Fredric Brown.

-Que é a lectura para vostede?
É un modo de ampliar vocabulario, de pasar uns momentos agradables, de entreterse, etc.

-Por último, que libros nos recomendaría?
Eu recomendo a Laura Gallego, é moi boa e idónea para a vosa idade.

-Moitas grazas pola súa atención.

No hay comentarios:

Publicar un comentario