Correo electrónico

boiroteca@gmail.com

viernes, 15 de marzo de 2024

Obradoiro de ilustración con Xulia Pisón

 


Na segunda avaliación visitou a Boiroteca a autora e ilustradora Xulia Pisón, nunha actividade organizada pola Biblioteca e o Equipo de Dinamización Lingüística. Xulia acudiu ao noso centro para traballar co alumnado de 2º de ESO nun obradoiro de ilustración. O obxectivo deste obradoiro, ademais de aprender técnicas para debuxar personaxes, preparar o guion, planificar o deseño de imaxe e texto... é trasladar a novela de María Reimóndez, Corredora, que o alumnado leu neste trimestre, a banda deseñada. Estamos desexando ver os resultados!

Ademais, Xulia tivo a amabilidade de adicar un ratiño aos membros do club de lectura DeBoirolibros, e concederlles unha entrevista que poderedes ler na nosa revista escolar no final do curso.

Con esta actividade contribuimos a dar corpo e presenza na nosa biblioteca ao lema das BE deste curso: "Unha biblioteca escolar en viñetas"