Correo electrónico

boiroteca@gmail.com
Mostrando entradas con la etiqueta Actividades. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Actividades. Mostrar todas las entradas

jueves, 30 de mayo de 2024

Apadriñamento lector co CEIP Praia Xardín

Como tódolos anos, non quixemos rematar o curso sen visitar aos nosos amigos e amigas do CEIP Praia Xardín. A coordinadora da súa biblioteca, Pili, recibiunos na súa casa para que os alumnos dos clubes de lectura do IES Praia Barraña e o alumnado de 1º de EP do CEIP Praia Xardín compartisen un ratiño de lectura ao aire libre. Foi unha preciosa experiencia de lectura compartida, pequenos e maiores gozaron de historias como A que sabe un bico?, Unha familia normal, Unha casa a medida, Chivos, chivóns... e moitas máis. Ao rematar, os padriños recibiron un diploma e un pequeno agasallo, ao igual que os apadriñados. 

Estamos desexando repetir, e andamos a argallar algunha cousiña máis para estes últimos días, manterémosvos informados.


viernes, 15 de marzo de 2024

Obradoiro de ilustración con Xulia Pisón

 


Na segunda avaliación visitou a Boiroteca a autora e ilustradora Xulia Pisón, nunha actividade organizada pola Biblioteca e o Equipo de Dinamización Lingüística. Xulia acudiu ao noso centro para traballar co alumnado de 2º de ESO nun obradoiro de ilustración. O obxectivo deste obradoiro, ademais de aprender técnicas para debuxar personaxes, preparar o guion, planificar o deseño de imaxe e texto... é trasladar a novela de María Reimóndez, Corredora, que o alumnado leu neste trimestre, a banda deseñada. Estamos desexando ver os resultados!

Ademais, Xulia tivo a amabilidade de adicar un ratiño aos membros do club de lectura DeBoirolibros, e concederlles unha entrevista que poderedes ler na nosa revista escolar no final do curso.

Con esta actividade contribuimos a dar corpo e presenza na nosa biblioteca ao lema das BE deste curso: "Unha biblioteca escolar en viñetas"


martes, 20 de diciembre de 2022

MES DA CIENCIA

 Novembro, mes da ciencia en galego nas bibliotecas


A última semana do mes de novembro celebrouse na biblioteca o mes da ciencia. O alumnado puido participar en diferentes actividades organizadas polos departamentos de Bioloxía, Física e Química e Matemáticas.



Na biblioteca se fixo unha exposición cunha selección de lecturas relacionadas cos contidos científicos.



viernes, 26 de noviembre de 2021

25N Día Internacional pola eliminación da Violencia contra as Mulleres


Onte celebrouse o 25 de Novembro que é un día internacional adicado á loita pola visibilización e a eliminación da violencia contra as mulleres e o IES Praia Barraña apoiou esta loita cunha serie de actividades organizadas polos grupos de dinamización e creatividade do centro.


A entrada da mañá recibía aos estudantes cun camiño flanqueado por zapatos vermellos que guiaban a ruta dende o portón á entrada do edificio, onde unha serie de formas agardaban na penumbra do pasillo da entrada. 
A instalación homenaxea a obra "zapatos rojos" da artista mexicana Elina Chauvet, que denunciaba así a brutal estadística de mulleres mortas pola violencia en Ciudad Juárez, México e que finalmente integrou a mera idea da violencia contra as mulleres, sexan de onde sexan.



Xa entrando na penumbra do distribuidor, descubríase un grupo das mulleres do centro, vestidas de luto e cunha mazá na man, o símbolo do estigma e do pecado que se lle presupón á muller dende tempos bíblicos, as cales posaban hieráticas e en silencio, coma mudas testemuñas do horror.

As participantes da performance

A performance tiña unha áncora temporal que permaneceu no centro toda a semana, unha representación de Eva feita nuns bloques e que atoparíamos na recibidor.




Xa no pasillo, un mural manuscrito amosaba a arrepiante relación de vítimas mortais provocadas por esta violencia.







Finalmente, as mulleres manifestaron cunha pancarta no patio a súa preocupación pola violencia contra as mulleres, unidas en sororidade e cunha causa común.






viernes, 16 de abril de 2021

CLUBS DE LECTURA

Ao longo do segundo trimestre do presente ano académico 2020/2021, os clubs de lectura “capitaneados” polas profesoras Marieta e Nieves continuaron coa súa andadura lectora. 

 Ao longo deste segundo período do curso as lecturas que se levaron a cabo foron as seguintes: 


 · Relatos de terror, de H. P. Lovecraft 


 · Vestio, de Xosé Miranda 


 · A crueldade de abril, de Diego Ameixeiras 

 Grazas a todas e todos os participantes nesta iniciativa lectora. Esperamos seguir contando con todas e todos vos, e moitas e moitos máis, nesta pequena iniciativa que xorde dende a Biblioteca Escolar do IES “Praia Barraña”.