Correo electrónico

boiroteca@gmail.com
Mostrando entradas con la etiqueta Escritor/a do mes. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Escritor/a do mes. Mostrar todas las entradas

miércoles, 10 de diciembre de 2014

Escritora do Mes: J.K. Rowling (Harry Potter)

J. K. Rowling 


Joanne "Jo" Rowling, nada o 31 de xullo de 1965 en Yate, South Gloucestershire, Reino Unido, máis coñecida como J. K. Rowling, é a autora da serie de libros de fantasía Harry Potter. Os seus libros fixéronse famosos en todo o mundo, gañaron múltiples premios e venderon máis de 400 millóns de copias. As novelas foron a base dunha popular saga de filmes, a cuxos guións Rowling daba a súa aprobación, ademais de manter un control creativo e ser produtora dos filmes.

Rowling artellou a idea da serie nunha viaxe en tren de Manchester a Londres en 1990. En marzo de 2011, a revista Forbes estimou que a fortuna de Rowling ascendía a mil millóns de dólares estadounidenses. A escritora obtivo o Premio Príncipe de Asturias da Concordia no ano 2003, así como outros recoñecementos internacionais. Colabora con varias organizacións caritativas, como Comic Relief, One Parent Families, Multiple Sclerosis Society of Great Britain e Lumos.

Harry Potter


Sinopse:

Durante moitos anos o mundo máxico foi aterrado polo mago malvado Lord Voldemort, o cal descubriu o refuxio da familia Potter, e os matou cunha maldición asasina. Cando quixo matar ao pequeno Harry Potter, a maldición asasina, Avada Kedavra vólvese sobre si mesmo. O corpo de Voldemort resulta destruído, pero o seu espírito sobrevive: non está morto nin vivo. Pola súa banda, a Harry só lle queda unha cicatriz con forma de raio na fronte e o mundo máxico comeza a chamalo «o neno que sobreviviu».

Despois disto Harry vive cos únicos parentes que ten vivos: os seus tíos e o seu primo. Pero isto non lles serve de nada, antes do 11º aniversario de Harry empezan a chegarlle cartas do Colexio Hoghwatrs de Maxia e Feitizaría.

A partir dese momento, Harry pasa a maior parte do seu tempo en Hogwarts, onde vive moitas aventuras cos seus amigos Ron Weasley e Hermione Granger e vaise preparando para o día no que teña que enfrontarse a Voldemort…



Opinión personal:

Non fai falla que fale de aspectos dos libros porque supoño que TODOS lerían alguna vez Harry Potter ou, os máis vagos, verían as películas (os que non igual levan un Imperio ou Avada Kedavra así que, mellor collede os libros na biblioteca para lelos, que sae máis rentable). 

De toda a saga para min, os mellores libros son os dous primeiros, onde ves a infancia de Potter e “Harry Potter e o misterio do príncipe” porque contános a historia de Severus Snape que é para min, un dos mellores personaxes da saga (e dio una Gryffidor de corazón).

O que máis me gusta dos libros de Potter son algunas frases que son magníficas (e teño marcadas con papeis XD) ben, tamén a sabedoría de Granger e o medo as arañas de Ron (por certo, aconséllovos ver a 2º película de Harry Potter na Galega, ademáis de estar super ben traducida o momento das arañas é de fábula). 

 O que menos me gusta nos libros é que se fala ben pouco dos pais de Potter e os seus amigos. A mín faltoume quizais un pouco máis da súa historia e que a escritora nos metera no mundo das falcatruadas dos Merodeadores.

 
En canto aos  personaxes non se pode falar  moito deles, cada un ten esa maxia que consegue darlles  J.K. Rowling. Vemos como estes evolucionan ao longo dos anos en Hogwarts. Encántame o trio de ouro, sobre todo Hermione e os seus magníficos momentos. Pero os mellores, para min, son os xemelgos Weasley: Fred e George.


SPOILERS DAME MOITÍSIMA PENA CANDO MORRE FRED!! E MOI TRISTE. Se puidera cambiar algo do libro, serían as mortes de Fred e Snape 
FIN DE SPOILER

Frases dos irmánsWeasley:


-Ron, ¿prestasnos a Pigwidgeon?
-Non, está entregando unha carta, para que o queredes?
-Porque George quere que sea a súa parexa de baile




Non teño máis que dicir, só que, a quen lle guste Harry Potter, pode facer a proba do sombreiro seleccionador na web que creou J.K. Rowling chamada Pottermore :https://www.pottermore.com/es






Deixo a miña puntuación a continuación:

9 ¾ 

jueves, 23 de octubre de 2014

Escritora do mes: Laura Gallego García


A boiroteka Rebeca González Diéguez, coa axuda de Andrea García Resúa (3ºESO B), inauguran esta sección adicando este mes de outubro á escritora de literatura fantástica e xuvenil Laura Gallego García cunha exposición de máis de vinte libros que Rebeca cede temporalmente á biblioteca e que están á vosa disposición.



Naceu o 11 de outubro de 1977, en Valencia.

É unha autora española de literatura xuvenil, especializada en temática fantástica. Estudou Filoloxía Hispánica na Universidade de Valencia e en 1999 gañou o premio O Barco de Vapor con Finis Mundi, unha novela ambientada na Idade Media. 
Tres anos despois volveu a obter o mesmo galardón con A lenda do rei errante. Actualmente a súa obra publicada comprende vintesete novelas xuvenís e algúns contos infantís, con máis dun millón de exemplares vendidos só en España e traducións a dezaseis idiomas, entre os que se encontran o inglés, o francés, o alemán e o xaponés. 

As súas obras máis populares entre os xóvenes lectores son Cronicas da Torre, Dúas velas para o díaño, Onde os árbores cantan, Alas de fuego, Alas negras, O libro dos portais e, especialmente, a triloxía de Memorias de Idhún. No 2011 recibiu o Premio Cervantes Chico polo conxunto de toda a súa obra, e en 2012 fue galardonada co Premio Nacional de Literatura Infantil y Xuvenil pola novela Onde os árbores cantan.

Ademais de libros de fantasía ten unha serie de libros Sara e as goleadoras que son de literatura realista y As fillas de Tara, que é de ciencia - ficción.





Onde as árbores cantan de Laura Gallego García:




Sinopse:
Viana, a única filla do duque de Rocagrís, está prometida ao mozo Robian de Castelmar dende que ambos os dous eran nenos. Os dous ámanse e casarán en primavera. 
Non obstante, durante os festexos do solsticio de inverno, un arisco montaraz advirte ao rei de Nortia e os seus cabaleiros da ameaza dos bárbaros das estepas... e tanto Robian coma o duque vense obrigados a marchar á guerra. 
En tales circunstancias, unha doncela como Viana non pode facer outra cousa que esperar o seu regreso... e, talvez, poñer atención ás lendas que se contan sobre o Gran Bosque... o lugar onde as árbores cantan.





Opinión persoal:
Este libro, para o meu gusto, é o MELLOR libro de Laura Gallego. Conta a historia de Viana centrándose no cambio de doncella “pitiminí” a unha auténtica guerreira. 
Que fai para lograr isto? Despois de que Nortia sexa collida polos bárbaros obligan casar a Viana cun deles. Nun momento mátao e escapa en montura cara o Gran Bosque, onde encontra a Lobo que lle axuda a ser unha guerreira: Viana pasa de poñerse vestidos a roupa de home, corta o pelo, aprende a cazar e loitar e vólvese forte.
Os personaxes en si son xeniais:
- Oki, o xuglar, un espírito libre que conta diversas historias.
- Lobo, que é o que axuda a Viana a convertirse nunha guerreira e a protexe.
- Viana, unha gran protagonista cun corazón de ouro.
-Uri, ben, non se pode describir del porque é indescriptible.
-Robian, é un cabaleiro que é máis… É detestable.
Que é o que máis e menos me gustou? O final, que che fai rir, chorar e sentir miles de diferentes sentimentos xa que é moi tenro, como o resto da historia.

SPOILER E é que despois de que Uri tornara de novo a ser unha árbore cantora e que Viana morrera, anos despois, ao carón de… E que é moi depresivo! FIN DE SPOILER


Frase favorita del libro:



Penso que todo o mundo debe lelo xa que ensínache, ademáis, moitos valores: non todo é sempre tan marabilloso como pode ser ( a vida de Viana, aínda sendo doncella, foi moi dura), o amor non sempre está nas persoas nas que nós cremos máis adecuadas e relacionado con isto, non podemos deixarnos levar polas apariencias.

Espero que o leades, os enganche e o amedes tanto coma min, deixo a miña puntuación.
9 ¾                        Ave Lunática
Pd: Puntuación máis alta porque, na miña opinión, un libro non pode ser perfecto así que esta é a máxima puntuación que lle poderei dar a calqueira




Triloxía  Memorias de Idhún de Laura Gallego García:


 Sinopsis:

Libro 1 : La Resistencia

O día en que se produciu en Idhún a conxunción astral dos tres soles e as tres lúas, Ashran el Nigromante fíxose co poder naquel planeta. No noso mundo, un guerreiro e un mago exiliados de Idhún formaron a Resistencia, á que pertencen tamén Jack e Victoria, dous adolescentes nacidos na Terra. O obxectivo do grupo é acabar co reinado das serpes aladas, pero Kirtash, un novo e desapiadado asasino, enviado por Ashran á Terra, non llo vai permitir...

Libro 2 : Tríada

Os membros da Resistencia chegaron por fin a Idhún, dispostos a facer cumprir a profecía. Pero non todo é tan sinxelo como parece. Asumirán os protagonistas o seu papel no destino vaticinado polos Oráculos? Pode confiar a Resistencia no seu novo aliado? Como serán recibidos en Idhún, despois de quince anos de ausencia? Cal será o próximo movemento de Ashran e os sheks?

Libro 3 : Panteón

Tras a última batalla contra Ashran e os sheks, moitas cousas parecen ter cambiado en Idhún. Non obstante, os Oráculos falan de novo, e as súas voces non son, nin moito menos, tranquilizadoras. Algo está a punto de suceder, algo que pode cambiar para sempre o destino de dous mundos... algo que, talvez, nin sequera os heroes da profecía sexan capaces de afrontar...


Opinión persoal:

Memorias de Idhún é unha triloxía que nos ensina, como moitas outras, que en España temos grandes escritores que poden facer obras tan boas como calqueira das triloxías que triunfan.
O libro básase practicamente no triágulo amoroso que hai entre Victoria , Kirtash e Jack, o que ás veces é un pouco pesado, pero acábase aguantando grazas a todo o imaxinativo da obra e a outra parte da historia, chea de maxia e que, se vos gusta a fantasía, namoraravos.


Eu este libro lino porque me gustara outro libro dela, A emperatriz dos etéreos e decidín que ía ler máis libros de Laura, encontrándome coa sorpresa que ao final do ano lera todos os seus libros  ( pero teño que dicir que, na miña opinión, Memorias de Idhún non é un dos seus mellores libros).

O que máis me gusta? Os personaxes secundarios son realmente xeniais, dálles unha gran importancia e fainos sentir un cariño especial cara a eles.

O que menos me gusta? O final, que final é ese? Ler tres libros como eses e encontrar a última páxina do Panteón que non é adorable, triste, graciosa nin che deixa coa boca aberta. Só quedas con cara perplexa e dicindo : Pero isto que é?!?

SPOILER: E máis aínda cando Victoria está xogando cos corazóns de Jack e Kirtash, é unha egoísta! Non lle vale con ter un, que quédase cos dous. Que se quedara con Jack dábame igual, que é un prepotente, pero Kirtash … FIN DO SPOILER
 
Claro que, despois dunha relectura para facer esta valoración, deime conta que se o miramos doutra forma, Victoria, na súa forma de unicornio, pode ser vista coma a nai natureza que, aínda que poida parecer un pouco ridículo, amános a nós, coa nosa condición de destrutores, e ama o resto da natureza. 

Esto é Kirtash (que é un shek) e Jack (o dragón). A súa loita por estar só cun deles, pero darase conta que quizáis non poda elixir un deles porque os dous son parte dela.

Cal é o meu personaxe favorito? Aínda que moita xente ama a Jack, prefiro mil veces antes a Kirtash porque é unha “ persoa” moito máis caval que Jack… Ou ben, polo menos inténtao, Jack nin o fai.
Espero que o leades e vos guste, deixo a miña puntuación.
9                          Ave Lunática