Correo electrónico

boiroteca@gmail.com

jueves, 25 de febrero de 2016

Haikus polo Día dos Namorados 2016

Un ano máis a Biblioteca celebrou o Día dos Namorados. Este ano adicámolo ao Xapón cunha homenaxe a un xénero poético propio dos nipóns como é o Haiku.
Os poemas presentados ao concurso simulaban as fermosas flores das cerdeiras tan típicas do país do sol nacente.
Os máis pequenos adornaron a biblioteca con corazóns feitos con retais aproveitados, de xeito ecolóxico.

Paralelamente ao concurso, a Biblioteca manterá unha exposición temporal de Mangas (a banda deseñada xaponesa) organizado por un grupo de afeccionados e afeccionadas á cultura Otaku que poderedes gozar, co debido coidado, durante o que resta de trimestre. Grazas pola colaboración!
























No hay comentarios:

Publicar un comentario