Correo electrónico
boiroteca@gmail.com
miércoles, 5 de noviembre de 2014
III Concurso de Fotos de Medo, Samaín 2014
Ola Boirotek@s!
Sigue unha relación das fotos presentadas ao III Concurso de Fotos de Medo Samaín 2014 do IES Praia Barraña.
Dende AQUÍ poderedes acceder á galería de fotos.
O nivel foi moi alto, e agardamos que vos gusten.
jueves, 23 de octubre de 2014
Suxestións de Lecturas: MEDO
Achégase o Samaín e na Biblioteca preparámonos para celebralo.
As Boirotekas Iria Somoza González e Soraya Muñiz Magallanes de 2ºBACH C fan unha coidada selección de lecturas e películas de medo que faran tremer ao/á máis ousad@. Velaí vos vai.
En banda deseñada...
As Boirotekas Iria Somoza González e Soraya Muñiz Magallanes de 2ºBACH C fan unha coidada selección de lecturas e películas de medo que faran tremer ao/á máis ousad@. Velaí vos vai.
- Cara á fin da luz, Carlos Vila Sexto.
- Aparicións e Santa Compaña, X. R. Mariño Ferro
- Pel de Lobo de Xosé Miranda
- Relatos de terror, Los Mitos de Cthulhu, La Sombra sobre Innsmouth, El horror de Dunwich, Las Montañas de la Locura,... de Howard Philips Lovecraft
- Drácula de Bram Stoker
- Relatos de Monstruos de Steven Zorn
- El Fantasma de Canterville de Oscar Wilde
- O can dos Baskerville de Arthur Conan Doyle
- El escarabajo de oro y otros cuentos de Edgan Allan Poe
- Contos de lobos de Anxel Fole
- Á lus do candil de Anxel Fole
- Cando petan na porta pola noite de Xabier P. Docampo
- 13 badaladas de Suso de Toro
- Cartas de Inverno de Agustín Fernández Paz
- Aire Negro de Agustín Fernández Paz
- Gárgola de Carlos Vila Sexto
- Cazaría Salvaxe de Agustín Agra
- Vestio de Xosé Miranda
- O tesouro das ánimas de Conchi Regueiro
- O lobishome de Candeán de Paula Carballeira
- Frankenstein de Mary Shelley
- Entrevista con el Vampiro de Anne Rice
- It, El Resplandor, Carrie, El misterio de Salem´s Lot, etc de Stephen King
- La Princesa de Hielo, Gritos del Pasado,... de Camile Läckberg
- Vuelta de Tuerca de Henry James
- El Exorcista de William Peter Blatty
- La Semilla del Diablo de Ira Levin
- Cabal, Los Libros de la Sangre, Hellraiser,... de Clive Barker
- El Príncipe de la Niebla de Carlos Ruiz Zafón
- Crónicas Necrománticas de Brian Lumley
En banda deseñada...
- Frankenstein de Sergio A. Sierra e Meritxell Riba
- Cuna de Cuervos de María Zaragoza
- Sandman de Neil Gaiman
- Os Barbanzóns: A Noite do Samaín de Pepe Carreiro
- Los Muertos Vivientes (The Walking Dead) de Robert Kirkman e Tony Moore
- Os Lobos de Moeche de Manel Cráneo
Escritora do mes: Laura Gallego García
A boiroteka Rebeca González Diéguez, coa axuda de Andrea García Resúa (3ºESO B), inauguran esta sección adicando este mes de outubro á escritora de literatura fantástica e xuvenil Laura Gallego García cunha exposición de máis de vinte libros que Rebeca cede temporalmente á biblioteca e que están á vosa disposición.
Naceu o 11 de outubro de 1977, en Valencia.
É unha autora española de literatura
xuvenil, especializada en temática fantástica. Estudou Filoloxía Hispánica na
Universidade de Valencia e en 1999 gañou o premio O Barco de Vapor con Finis Mundi, unha novela ambientada na
Idade Media.
Tres anos despois volveu a obter o mesmo galardón con A lenda
do rei errante. Actualmente a súa obra publicada comprende
vintesete novelas xuvenís e algúns contos infantís, con máis dun millón de
exemplares vendidos só en España e traducións a dezaseis idiomas, entre os que
se encontran o inglés, o francés, o alemán e o xaponés.
As súas obras máis
populares entre os xóvenes lectores son Cronicas da Torre, Dúas velas para o díaño, Onde
os árbores cantan, Alas de fuego,
Alas negras, O libro dos portais e,
especialmente, a triloxía de Memorias de
Idhún. No 2011 recibiu o Premio Cervantes Chico polo conxunto de
toda a súa obra, e en 2012 fue galardonada co Premio Nacional de Literatura
Infantil y Xuvenil pola novela Onde os árbores
cantan.
Ademais de libros de fantasía ten unha serie de libros Sara e
as goleadoras que son de literatura realista y As fillas de Tara, que é de ciencia - ficción.
Onde as árbores cantan de Laura Gallego García:
Sinopse:
Viana, a única filla do duque de Rocagrís,
está prometida ao mozo Robian de Castelmar dende
que ambos os dous eran nenos. Os dous ámanse e casarán en primavera.
Non
obstante, durante os festexos do solsticio de inverno, un arisco montaraz advirte ao rei de Nortia e os seus cabaleiros da ameaza dos
bárbaros das estepas... e tanto Robian coma o duque vense obrigados a marchar
á guerra.
En tales circunstancias, unha doncela como Viana non pode facer outra cousa que esperar
o seu regreso... e, talvez, poñer atención ás lendas que se contan sobre o Gran
Bosque... o lugar onde as árbores cantan.
Opinión persoal:
Este libro,
para o meu gusto, é o MELLOR libro de Laura Gallego. Conta a historia de Viana
centrándose no cambio de doncella “pitiminí” a unha auténtica guerreira.
Que
fai para lograr isto? Despois de que Nortia sexa collida polos bárbaros obligan
casar a Viana cun deles. Nun momento mátao e escapa en montura cara o Gran
Bosque, onde encontra a Lobo que lle axuda a ser unha guerreira: Viana pasa de
poñerse vestidos a roupa de home, corta o pelo, aprende a cazar e loitar e
vólvese forte.
Os personaxes en si son
xeniais:
- Oki, o xuglar, un espírito
libre que conta diversas historias.
- Lobo, que é o que axuda a
Viana a convertirse nunha guerreira e a protexe.
- Viana, unha gran protagonista
cun corazón de ouro.
-Uri, ben, non se pode
describir del porque é indescriptible.
-Robian, é un cabaleiro que é
máis… É detestable.
Que é o que máis e menos me
gustou? O final, que che fai rir, chorar e sentir miles de diferentes
sentimentos xa que é moi tenro, como o resto da historia.
SPOILER E é que despois de que Uri tornara de novo a ser
unha árbore cantora e que Viana morrera, anos despois, ao carón de… E que é moi
depresivo! FIN DE SPOILER
Frase favorita del libro:
Penso que todo o mundo debe lelo xa que
ensínache, ademáis, moitos valores: non todo é sempre tan marabilloso como pode
ser ( a vida de Viana, aínda sendo doncella, foi moi dura), o amor non sempre
está nas persoas nas que nós cremos máis adecuadas e relacionado con isto, non
podemos deixarnos levar polas apariencias.
Espero
que o leades, os enganche e o amedes tanto coma min, deixo a miña puntuación.
9 ¾ Ave Lunática
Pd: Puntuación máis alta
porque, na miña opinión, un libro non pode ser perfecto así que esta é a máxima
puntuación que lle poderei dar a calqueira
Triloxía Memorias de
Idhún de Laura Gallego García:
Sinopsis:
Libro 1 : La Resistencia
O día en que se produciu
en Idhún a conxunción astral dos tres soles e
as tres lúas, Ashran el Nigromante fíxose
co poder naquel planeta. No noso mundo, un guerreiro e un mago exiliados de Idhún formaron a Resistencia, á que
pertencen tamén Jack e Victoria, dous adolescentes nacidos na Terra. O
obxectivo do grupo é acabar co reinado das serpes aladas, pero Kirtash, un
novo e desapiadado asasino, enviado por Ashran á
Terra, non llo vai permitir...
Libro 2 : Tríada
Os membros da
Resistencia chegaron por fin a Idhún, dispostos a facer cumprir a profecía. Pero non todo
é tan sinxelo como parece. Asumirán os protagonistas o seu papel no destino
vaticinado polos Oráculos? Pode confiar a Resistencia no seu novo aliado? Como
serán recibidos en Idhún, despois de quince anos de
ausencia? Cal será o próximo movemento de Ashran e os sheks?
Libro 3 : Panteón
Tras
a última batalla contra Ashran e os sheks,
moitas cousas parecen ter cambiado en Idhún. Non obstante, os Oráculos falan de novo, e as súas
voces non son, nin moito menos, tranquilizadoras. Algo está a punto de suceder,
algo que pode cambiar para sempre o destino de dous mundos... algo que, talvez,
nin sequera os heroes da profecía sexan capaces de afrontar...
Opinión persoal:
Memorias de Idhún é unha triloxía que nos
ensina, como moitas outras, que en España temos grandes escritores que poden facer
obras tan boas como calqueira das triloxías que triunfan.
O libro básase practicamente no triágulo
amoroso que hai entre Victoria , Kirtash e Jack, o que ás veces é un pouco pesado,
pero acábase aguantando grazas a todo o imaxinativo da obra e a outra parte da
historia, chea de maxia e que, se vos gusta a fantasía, namoraravos.
Eu este libro
lino porque me gustara outro libro dela, A emperatriz dos etéreos e decidín que
ía ler máis libros de Laura, encontrándome coa sorpresa que ao final do ano
lera todos os seus libros ( pero teño
que dicir que, na miña opinión, Memorias de Idhún non é un dos seus mellores
libros).
O que máis me
gusta? Os personaxes secundarios son realmente xeniais, dálles unha gran
importancia e fainos sentir un cariño especial cara a eles.
O que menos me
gusta? O final, que final é ese? Ler tres libros como eses e encontrar a
última páxina do Panteón que non é adorable, triste, graciosa nin che
deixa coa boca aberta. Só quedas con cara perplexa e dicindo : Pero isto que
é?!?
SPOILER: E máis aínda cando Victoria está
xogando cos corazóns de Jack e Kirtash, é unha egoísta! Non lle vale con ter
un, que quédase cos dous. Que se quedara con Jack dábame igual, que é un
prepotente, pero Kirtash … FIN
DO SPOILER
Claro que,
despois dunha relectura para facer esta valoración, deime conta que se o
miramos doutra forma, Victoria, na súa forma de unicornio, pode ser vista coma
a nai natureza que, aínda que poida parecer un pouco ridículo, amános a nós, coa
nosa condición de destrutores, e ama o resto da natureza.
Esto é Kirtash (que
é un shek) e Jack (o dragón). A súa loita por estar só cun deles, pero darase
conta que quizáis non poda elixir un deles porque os dous son parte dela.
Cal
é o meu personaxe favorito? Aínda que moita xente ama a Jack, prefiro mil veces
antes a Kirtash porque é unha “ persoa” moito máis caval que Jack… Ou ben, polo
menos inténtao, Jack nin o fai.
Espero
que o leades e vos guste, deixo a miña puntuación.
9 Ave Lunática
Palabra de Boirotek@!: TOP 5 Escritores de MEDO
TOP 5 ESCRITORES DE MEDO
por Camila Rodríguez Soto e
Tareixa Gómez Silva (1ºBACH B)
Os relatos de terror
comezaron a popularizarse no século XVII e estaban ambientados, na súa maioría,
na Idade Media e sempre estiveron
relacionados coa fantasía. Os mortos viventes, ou o
diaño eran os temas máis comúns aínda que tamén as torturas da Santa
Inquisición eran un tema que, naquela época, aterrorizaba a xente. A revolución
científica do século XVIII abriu un novo
camiño temático para as historias de medo xa que as centrou máis nos novos
alcances da chamada tecnoloxía moderna. Moitos
autores sumáronse a este xénero, converténdose así, en grandes figuras da
literatura de terror.
Este
escritor americano viviu tan só 40 anos, pero deixou tras de si unha extensa
obra literaria que é aclamada en todo o mundo. Escribiu entre outros, poemas, e contos como O corvo (1845), As campás (1849) ou Contos do grotesco e do arabesco (1840).
2. Bram Stoker (1847-1912)
Novelista
irlandés que escribiu numerosos relatos
curtos e novelas entre as cales destacan O
misterio de mar (1902), O paso da serpe (1890) ou A dama da mortaxa (1909) e por suposto a súa obra máis coñecida, Drácula (1897) na cal constrúe o retrato dun dos personaxes máis sinistros e famosos da historia.
É
considerado un dos grandes inxenios da literatura de terror e, a el lle debemos
moitas das máis aclamadas obras. Novelas como Carrie, O resplandor ou It que
son considerados referentes no xénero.
4.
Howard P. Lovecraft (1890-1937)
Foi
un escritor estadounidense de relatos de terror que innnovou neste xénero
incorporando elementos de ciencia ficción como o son os alieníxenas, as viaxes
no tempo, a existencia de mundos paralelos… Escribiu verdadeiras obras maestras
como Danzas Macabras (1981), A chamada de Cthulhu (1926) ou Nas montañas da loucura (1931).
Feminista
e dramaturga recoñecida sobre todo por
ser a autora da novela gótica
Frankenstein ou o Moderno Prometeo (1818) , O último home (1826) ou Mathilda
(1920) que trataban temas máis preto á
moral e a ciencia.
Presentación d@s Boirotek@s - Grupo de voluntariado da Boiroteca
Inauguramos este curso un equipo de voluntariado, un grupo de 16 alumn@s, que colaborarán nos traballos da Biblioteca.
O grupo está formado por:
Neste noso Blog iremos publicando todas as actividades e seccións fixas para este curso.
Grazas a tod@s
O grupo está formado por:
2º ESO A
- María Gómez Sánchez
- María Jacobs Sánchez
- Catarina Da Silva Lópes
3º ESO B
- Rebeca González Diéguez
- Andrea García Resúa
1º BACHARELATO B
- Tareixa Gómez Silva
- Manuel Campos García
- Camila Rodríguez Soto
2º BACHARELATO C
- Iria Somoza González
- Soraya Muñiz Magallanes
- Sara Tubío Pérez
- Sara Díaz Rodríguez
2º BACHARELATO D
- Ángela Pouso González
- Claudia Pinaque Alcalde
- Sara Hermo Alonso
- Manuel Núñez Nieto
Neste noso Blog iremos publicando todas as actividades e seccións fixas para este curso.
Grazas a tod@s
lunes, 6 de octubre de 2014
Samaín de Medo 2014
Como cada ano, chega o Samaín e dende a Biblioteca vos temos preparados un concursos de morte.
Non deixedes de participar!
Non deixedes de participar!
Tutorial GIMP: Zombificación
Ola lectores e lectoras da Boiroteca.
Como se achega o concurso do Samaín, déixovos un vídeo onde explico como zombificar a alguén usando a ferramenta de retoque fotográfico gratuíta GIMP.
Espero que o pasedes de medo.
Como se achega o concurso do Samaín, déixovos un vídeo onde explico como zombificar a alguén usando a ferramenta de retoque fotográfico gratuíta GIMP.
Espero que o pasedes de medo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)











