Correo electrónico

boiroteca@gmail.com

miércoles, 26 de abril de 2017

IV Proxecto de Biblioteca de Centro "Ética e Dereitos dos Animais" Día a Día.

Podes ver todas as fotos na nosa conta de facebook.


LUNS

As actividades do luns incluíron unha charla a cargo das asociación protectoras de animais Callejeros Barbanza e Abeiro Santiago, coa peluda compañía de Casper e Khaleesi, ao alumnado de 1º e 2º ESO.


















MARTES

Tivemos un bo feixe de actividades, como unhas asombrosas acrobacias aéreas no ximnasio a cargo de Rakela Oitaven e compañía, que veñen de representar o seu espectáculo "Aviadoras",  e que pasaron o rato coa rapazada de 3º ESO.
Tamén puidemos gozar dunha degustación de aperitivos veganos presentados polos mozos e mozas do bacharelato.


















Faláronnos das bondades das terapias con animais, en concreto con cabalos, a Hipoterapia, nunha charla presentada por Amantia Coello Rodríguez, cos cativos de 1º e 2º ESO, e outra na que a Asociación Protectora de Animais Arca de Noia, concienciou sobre a situación dos animais abandonados, a responsabilidade que conleva un animal de compañía e a importancia da esterilización dos mesmos, dirixida aos alumnos e alumnas de 4º da ESO. 




E rematamos o día coa inauguración da exposición dos alumnos do Bacharelato de Artes.




MÉRCORES

Hoxe o alumnado de Bacharelato gabaron o noso padal con viandas veganas (e vexetarianas) durante o recreo novamente. 




XOVES

Máis viandas veganas para premiar ao noso estómago, polo alumnado de 2º Bach (sintoo mozos, pero non puiden facer fotos).
 
Charla sobre animalismo e activismo animalista a cargo de Mónica Pérez Arias, representando á Asociación Animalista Vox Ánima.





VENRES

O mozo e mozas de teatro de 2º do Bachiller de Artes representan a obra animalista "Fame".






Novamente enchemos o bandullo con delicias veganas a cargo do alumnado de 2º Bach, e pechamos a semana cunha serie de actuacións do circo sen animais (non humáns) que se organizou no patio a cargo do profesorado de Educación Física.


 Podes ver todas as fotos na nosa conta de facebook.

IV Proxecto de Centro "Ética e Dereitos dos Animais"







O IES Praia Barraña está a celebrar a súa IV Semana Temática dentro do proxecto de biblioteca do centro baixo a lema "Ética e Dereitos dos Animais".

Entendemos que a nosa relación co resto de seres vivos do planeta é un bo motivo para pararnos a reflexionar.

Como sempre, a semana vén cargada de actividades, charlas e exposicións.

Deixámosvos o calendario coas citas que vos agardan.

viernes, 21 de abril de 2017

Exposición do Bacharelato de Artes

O alumnado do Bacharelato de Artes do IES Praia Barraña ten o pracer de convidarvos á inauguración da súa exposición que terá lugar no Centro Social de Boiro o día 25 de abril ás 19:00.

A temática da exposición ven a coincidir co Proxecto da Biblioteca de Centro, Ética e Dereitos dos Animais.

A exposición permanecerá no Centro Social durante un mes.