Correo electrónico

boiroteca@gmail.com

domingo, 28 de junio de 2026

Lectores orgullos@s

 Na Boiroteca somos lectores curiosos e diversos, e gústanos utilizar os libros para vivir todo tipo de vidas, reais ou fantásticas, do pasado e do futuro. Non hai mellor forma de entender o mundo que vivimos que poñernos na pel de todos e todas as que nos rodean vivindo as súas vidas nas páxinas.

Accede ao noso padlet para saber que libros podes atopar na Boiroteca con personaxes ou temáticas que xiran arredor da diversidade sexual e de xénero.


viernes, 19 de junio de 2026

Recomendacións de verán

 O verán está cheo de tempo libre para adicar ás mil cousas que nos gustan e para as que non tempos tempo o resto do ano: estar cos amigos, pasar tempo ao aire libre, durmir un chisquiño máis... e ler! Ler moito! Velaquí van algunhas recomendacións para que aproveitedes o voso tempo de lecer sumerxíndovos en novas historias.



miércoles, 17 de junio de 2026

Apadriñamento lector co CEIP Praia Xardín


Neste curso decidimos facer dúas visitas ao alumnado de Praia Xardín, e nesta ocasión tocoulle ao alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria. O noso alumnado dos clubes de lectura e voluntarias da biblioteca compartiron un ratiño de lectura cos máis pequenos, que escoitaron moi atentos as historias que lles leron. Agardamos que para eles fose unha actividade tan estupenda como para nós.



sábado, 13 de junio de 2026

Entre libros e letras. Escribamos no ceo: obradoiro de mitos e astronomía na literatura á luz de Begoña Caamaño, con Estíbaliz Espinosa

 



Esta semana visitou a Boiroteca Estíbaliz Espinosa para traballar co alumnado de 4º de ESO nun obradoiro arredor da escrita, a mitoloxía e a figura de Begoña Caamaño, autora homenaxeada neste ano 2026 no Día das Letras Galegas.  Neste obradoiro, organizado polo Equipo de Dinamización Lingüística e o Departamento de Lingua Galega, coa colaboración da biblioteca, a autora falou de figuras coma Circe ou Morgana e de mulleres no mundo da ciencia e da literatura. Unha actividade moi creativa e inspiradora.