Correo electrónico

boiroteca@gmail.com

lunes, 18 de enero de 2016

Concurso de Haikus para o Día dos Namorados



A Biblioteca ten o pracer de convocar un concurso de haikus de amor para celebrar o Día dos Namorados.

Un Haiku é un tipo de poema de orixe xaponesa que se caracteriza pola brevidade e por ter unha métrica moi concreta, de xeito que se compón de tres versos de cinco, sete e cinco sílabas respectivamente. De todos os xeitos hai certa flexibilidade ao compoñelo.
Adoita integrar un kigo que consiste nunha mención á estación do ano, ben sexa de forma literal ou metafórica, por exemplo se mencionamos flores enténdese que falamos da primavera, etc.

Vexamos un exemplo:

Odio o amor
dixo a margarida
véndose calva.
Medimos a métrica para comprobar o número de sílabas.

O-dio o a-mor (4+1=5 por rematar en palabra aguda)
di-xo a mar-ga-ri-da (7)
vén-do-se cal-va (5)

Neste caso a palabra margarida é o Kigo porque simboliza a estación da primavera

Outros exemplos, con e sen Kigo, poden ser:

Noite pechada,
incerta…Chegas ti.
Faise a luz.

Seremos como
Terra, Ceo, fundidos
acabaremos.

No gran altar
do teu corpo recei
mantras pagáns .

Tanto que darche!
Toda a miña vida...
Tanto que amarte!

Amañecer
no medio dos teus brazos.
Non quero máis.

BASES DO CONCURSO.

  • Poderá participar calquera membro da comunidade educativa, alumnado, profesorado, pais, e persoal non docente.

  • Os poemas terán que ser totalmente orixinais.

  • Non se permite o uso de termos que poidan resultar ofensivos ou discriminatorios.
  • Recolle na Biblioteca un corazón para escribir nel o teu Haiku e aproveita para ler os máis románticos poemas de amor, e elixir un libro de temática amorosa. Os Haikus irán asinados polo reverso co nome e curso do autor ou autora.
  •  Tendes ata o 11 de febreiro.