Correo electrónico

boiroteca@gmail.com

viernes, 10 de diciembre de 2021

viernes, 26 de noviembre de 2021

25N Día Internacional pola eliminación da Violencia contra as Mulleres


Onte celebrouse o 25 de Novembro que é un día internacional adicado á loita pola visibilización e a eliminación da violencia contra as mulleres e o IES Praia Barraña apoiou esta loita cunha serie de actividades organizadas polos grupos de dinamización e creatividade do centro.


A entrada da mañá recibía aos estudantes cun camiño flanqueado por zapatos vermellos que guiaban a ruta dende o portón á entrada do edificio, onde unha serie de formas agardaban na penumbra do pasillo da entrada. 
A instalación homenaxea a obra "zapatos rojos" da artista mexicana Elina Chauvet, que denunciaba así a brutal estadística de mulleres mortas pola violencia en Ciudad Juárez, México e que finalmente integrou a mera idea da violencia contra as mulleres, sexan de onde sexan.



Xa entrando na penumbra do distribuidor, descubríase un grupo das mulleres do centro, vestidas de luto e cunha mazá na man, o símbolo do estigma e do pecado que se lle presupón á muller dende tempos bíblicos, as cales posaban hieráticas e en silencio, coma mudas testemuñas do horror.

As participantes da performance

A performance tiña unha áncora temporal que permaneceu no centro toda a semana, unha representación de Eva feita nuns bloques e que atoparíamos na recibidor.




Xa no pasillo, un mural manuscrito amosaba a arrepiante relación de vítimas mortais provocadas por esta violencia.







Finalmente, as mulleres manifestaron cunha pancarta no patio a súa preocupación pola violencia contra as mulleres, unidas en sororidade e cunha causa común.






lunes, 11 de octubre de 2021

ABRIMOS A BIBLIO

 Abrimos finalmente a Boiroteca despoís de ter mudados todos os fondos grazas á axuda do equipo de Biblioteca do Centro e Vicedirección.

Foi unha tarefa moi dura e nos levou varios meses e agardamos que o resultado vos pareza que mereceu a pena.

 Este ano o equipo estará capitaneado por  Helena García, que coordinará a MªJosé García, Nieves González, Marieta Picón, Miguél Saa e Pascual Vidal. Tendes o hario de cada quen colgado na porta de entrada do espazo.

A Biblio permanecerá aberta do primeiro ao segundo recreo, é decir, entre as 10:10 e as 12:30.

O préstamo está permitido a calquera integrante da comunidade educativa, e faise en ciclos de 15 días  que se poden ampliar. Cada persona poderá ter ata tres libros no seu poder nun momento dado.




viernes, 17 de septiembre de 2021

COMEZA O CURSO, novo espazo

 Ola Boirotek@s!


Comezamos con tropezos este novo curso no que estamos trasladando a Biblioteca de sitio!

Agora a atoparás no antigo taller de Volume, a porta que está diante da cafetería.

Abriremos nuns días... permanecede á espera.

 As estanterías xa están no sitio... agora hai que mover os fondos!!




lunes, 14 de junio de 2021

GAÑADORAS DO CONCURSO AUDIOVISUAL OLLOBOI 2021

O pasado sábado 12 de Xuño celebrouse na Cachada a edición 10+1 do Festival Escolar Audiovisual Olloboi, que se celebra en Boiro e conta con un grande prestixio.
 
Rita S Dosil, Asier Torrado, Valeria Torrado, Sandra Folgar, Noa Vidal, Lucía F Casais, Lara Calo, Anxo Torrado e Iván Romero, principalmente do grupo E do primeiro curso do bachalerato de artes, e tamén 1º Bach B, veñen de gañar o PREMIO OLLOBOI WABISABI (cine con alma adolescente) por "As Derradeiras" e o PREMIO OLLOBOI COMPROMETIDO por "Sálvora", xunto cunha mención de honra por parte de MESTRAS POLO FUTURO dentro do Festival Audiovisual Escolar Olloboi 2021.
 
 
Recollendo o Premio na Gala

 
Dende o centro queremos ofrecer un entusiasta aplauso e enviar os nosos parabéns, así que animar ao resto do alumnado a facer uso dos medios audivisuais de forma lúdica, científica, narrativa, artística, denuncia...
 
Tamén vos invitamos a que visitedes  a web do concurso, onde atoparedes máis pezas feitas por estudantes, e por suposto, a que vexades as curtas.


As Derradeiras


Sálvora


NORABOA!