Correo electrónico

boiroteca@gmail.com

martes, 21 de noviembre de 2017

Entrega dos premios dos concursos outono

O pasado día 3 de novembro durante a celebración do magosto entregáronse os premios dos concursos do Samaín, relatos de terror, fotos de medo e a decoración de cabazas.

No nivel de bacharelato o relato elexido por unanimidade foi "A saída" de María Guimarey Muñiz do grupo de artes. Nos niveis da ESO destacamos os relatos "A besta de Cures" de Javier Tubío Brión de 3º B e "Sombras" de Naiara Carmona Patos de 1º ESO B.

No apartado fotográfico os loureiros recaeron na cabeza de Héctor Iglesias Vacas de 1º ESO C e María Guimarey Muñiz de 2º Bach D.

Para rematar, as cabazas que máis gustaron foron as de Enrique Suárez García, de 2º ESO B, que tamén recolleu o diploma do curso pasado, e para Irene Viturro Calo de 1º ESO A.

Mención para Manuel Piñeiro González de Educación Especial.

Os premios foros entregados por Alba García e María Piñeiro durante a celebración do Magosto/Samaín, no festival de xogos populares, amenizados por DJMix, e un grupo tradicional de música da terra.

Agradecemos a participación de todos e todas, e agardámosvos na próxima.








lunes, 20 de noviembre de 2017

FOTOS Samaín e Magosto + de 500 fotos










ATOPARÁS AQUÍ a galería completa de fotos, feitas por Pascual Vidal e por Eva Martínez. Se queres retirar algunha foto da galería, ou queres unha copia á máxima calidade, fala co equipo da Biblioteca, ou envía un mail a boiroteca@gmail.com

martes, 17 de octubre de 2017

Ven á biblioteca a ler o xornal


 Queremos lembrarche que cada día poderás ler o xornal na biblioteca.

Asemade poderás atopar publicacións mensuais como National Geographic, Investigación y Ciencia e Muy Interesante.

Concursos de samaín

Bulide! Só quedan dez días.

martes, 3 de octubre de 2017

Benvida ao novo curso


Benvida a todas e todos!

Agardámonos un curso máis na biblioteca, esperando a vosa participación nas actividades que vos temos preparadas.

Anímate a participar no club de lectura e no equipo de voluntario/as, os Boirotekas.

Xa temos en marcha varios concursos para este mes. Comezamos cunha convocatoria para deseñar unha mascota para a biblio e deseguida pasaremos aos concursos propios do outono e do Samaín. Xa será a nosa sexta convocactoria do concurso de fotos e relatos de medo e decoración de cabazas.

Xa están ademais expostas as novidades de lectura nos andeis, quentiñas. Vinde!

viernes, 12 de mayo de 2017

Boiro: Cidade libre de Circos con Animais

O ano pasado Boiro declarouse unha cidade libre de circos con animais, aprobado por unanimidade por todos os partidos do concello.

Estos días hai polémica na vila porque un circo instalou a súa carpa no concello, anunciando espectáculos con crocodilos xigantes e serpes, vulnarondo así as normas existentes no municipio, que finalmente actuou sancionando á empresa promotora e impedindo a actuación prevista para o xoves.

Veremos que pasa durante o fin de semana, pero no eido da pasada semana temática aproveitamos estas liñas para felicitar o compromiso das forzas implicadas en evitar estos espectáculos caducos e crueis.

Podedes ler a noticia na Voz de Galicia

Foto por
Noticias anteriores relacionadas:






viernes, 5 de mayo de 2017

IV Proxecto de Biblioteca de Centro "Ética e Dereitos dos Animais" VÍDEOS E ENTREVISTAS

Aquí atoparedes un conxunto de traballos de investigación e entrevistas feitas en vídeo por alumnos e alumnas de 1º ESO principalmente, xunto con traballos de 2º BACH


Entrevista á Protectora de Villagarcía




Entrevista á Protectora ARCA de Noia



Entrevista á Protectora Os Palleiros



Entrevista á Callejeros Barbanza



Reportaxe mascotas

 

Entrevistas variadas

 







miércoles, 26 de abril de 2017

IV Proxecto de Biblioteca de Centro "Ética e Dereitos dos Animais" Día a Día.

Podes ver todas as fotos na nosa conta de facebook.


LUNS

As actividades do luns incluíron unha charla a cargo das asociación protectoras de animais Callejeros Barbanza e Abeiro Santiago, coa peluda compañía de Casper e Khaleesi, ao alumnado de 1º e 2º ESO.


















MARTES

Tivemos un bo feixe de actividades, como unhas asombrosas acrobacias aéreas no ximnasio a cargo de Rakela Oitaven e compañía, que veñen de representar o seu espectáculo "Aviadoras",  e que pasaron o rato coa rapazada de 3º ESO.
Tamén puidemos gozar dunha degustación de aperitivos veganos presentados polos mozos e mozas do bacharelato.


















Faláronnos das bondades das terapias con animais, en concreto con cabalos, a Hipoterapia, nunha charla presentada por Amantia Coello Rodríguez, cos cativos de 1º e 2º ESO, e outra na que a Asociación Protectora de Animais Arca de Noia, concienciou sobre a situación dos animais abandonados, a responsabilidade que conleva un animal de compañía e a importancia da esterilización dos mesmos, dirixida aos alumnos e alumnas de 4º da ESO. 




E rematamos o día coa inauguración da exposición dos alumnos do Bacharelato de Artes.




MÉRCORES

Hoxe o alumnado de Bacharelato gabaron o noso padal con viandas veganas (e vexetarianas) durante o recreo novamente. 




XOVES

Máis viandas veganas para premiar ao noso estómago, polo alumnado de 2º Bach (sintoo mozos, pero non puiden facer fotos).
 
Charla sobre animalismo e activismo animalista a cargo de Mónica Pérez Arias, representando á Asociación Animalista Vox Ánima.





VENRES

O mozo e mozas de teatro de 2º do Bachiller de Artes representan a obra animalista "Fame".






Novamente enchemos o bandullo con delicias veganas a cargo do alumnado de 2º Bach, e pechamos a semana cunha serie de actuacións do circo sen animais (non humáns) que se organizou no patio a cargo do profesorado de Educación Física.


 Podes ver todas as fotos na nosa conta de facebook.