TOP 5 ESCRITORES DE MEDO
por Camila Rodríguez Soto e
Tareixa Gómez Silva (1ºBACH B)
Os relatos de terror
comezaron a popularizarse no século XVII e estaban ambientados, na súa maioría,
na Idade Media e sempre estiveron
relacionados coa fantasía. Os mortos viventes, ou o
diaño eran os temas máis comúns aínda que tamén as torturas da Santa
Inquisición eran un tema que, naquela época, aterrorizaba a xente. A revolución
científica do século XVIII abriu un novo
camiño temático para as historias de medo xa que as centrou máis nos novos
alcances da chamada tecnoloxía moderna. Moitos
autores sumáronse a este xénero, converténdose así, en grandes figuras da
literatura de terror.
Este
escritor americano viviu tan só 40 anos, pero deixou tras de si unha extensa
obra literaria que é aclamada en todo o mundo. Escribiu entre outros, poemas, e contos como O corvo (1845), As campás (1849) ou Contos do grotesco e do arabesco (1840).
2. Bram Stoker (1847-1912)
Novelista
irlandés que escribiu numerosos relatos
curtos e novelas entre as cales destacan O
misterio de mar (1902), O paso da serpe (1890) ou A dama da mortaxa (1909) e por suposto a súa obra máis coñecida, Drácula (1897) na cal constrúe o retrato dun dos personaxes máis sinistros e famosos da historia.
É
considerado un dos grandes inxenios da literatura de terror e, a el lle debemos
moitas das máis aclamadas obras. Novelas como Carrie, O resplandor ou It que
son considerados referentes no xénero.
4.
Howard P. Lovecraft (1890-1937)
Foi
un escritor estadounidense de relatos de terror que innnovou neste xénero
incorporando elementos de ciencia ficción como o son os alieníxenas, as viaxes
no tempo, a existencia de mundos paralelos… Escribiu verdadeiras obras maestras
como Danzas Macabras (1981), A chamada de Cthulhu (1926) ou Nas montañas da loucura (1931).
Feminista
e dramaturga recoñecida sobre todo por
ser a autora da novela gótica
Frankenstein ou o Moderno Prometeo (1818) , O último home (1826) ou Mathilda
(1920) que trataban temas máis preto á
moral e a ciencia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario