Correo electrónico

boiroteca@gmail.com

miércoles, 21 de octubre de 2020

Protocolo de adaptación do uso da Biblioteca Escolar á situación COVID–19 (Ano académico 2020–2021)

 Dende o equipo da Biblioteca Escolar do IES “Praia Barraña” desexamos que no presente ano académico 2020–2021, a nosa biblioteca continúe a ser un lugar de goce para a lectura e a información.
 
Con motivo da especial situación que se está a producir nestes momentos en relación á pandemia provocada polo coronavirus COVID–19, faise necesario establecer un protocolo específico de uso da Biblioteca Escolar co fin de que os/as usuarios/as da mesma podan desfrutar das súas instalacións e recursos con total seguridade, que será revisado e/ou modificado segundo o desenvolvemento do curso e da actual situación sanitaria.
 
Aplicaranse na biblioteca as normas de uso e funcionamento das aulas ordinarias ademais das que se especifican a continuación:

 1.- Entrada

  •  A biblioteca permanecerá aberta e a disposición dos/as usuarios/as da mesma durante os dous períodos de recreo de cada xornada lectiva. Fóra de dita franxa horaria só poderá ser empregada logo de solicitar o correspondente permiso á Dirección do centro e/ou á persoa coordinadora da mesma.
  • Se fora necesario, poderase limitar o acceso á biblioteca nalgún recreo con motivo do desenvolvemento de actividades dos clubes de lectura, charlas…
  • A porta da biblioteca permanecerá aberta durante o tempo de uso da mesma para evitar ter que tocala.
  • O aforo máximo da biblioteca será de 15 persoas.
  • Non se poderá acceder á biblioteca se o aforo da mesma está completo.
  • O uso da máscara é obrigatorio en todo momento.
  • Os/As usuarios/as deberán hixienizar as mans tanto ao entrar como ao saír da biblioteca.

2.- Permanencia na biblioteca

  • Co fin de manter a distancia de seguridade, só poderán ser empregados os postos de traballo habilitados.
  • Mentres dure a situación excepcional, non se permitirá o uso de xogos de mesa, ou materiais semellantes.
  • Postos informáticos:

        − Só se poderán empregar os postos sinalados (dous en total).
        − En cada posto só poderá permanecer un/unha único/a usuario/a.
        − Cada usuario/a, ao rematar de utilízalo, limpará o posto (sempre botando a solución hidroalcohólica sobre o pano, nunca directamente sobre o ordenador).

  • Ao rematar, os/as usuarios/as da biblioteca hixienizarán os postos de traballo que teñan ocupado (mesa e cadeiras), empregando a solución hidroalcohólica e os panos desbotables que estarán á súa disposición. Despois do seu uso, os panos deberán ser desbotados na papeleira con tapa situada na entrada da biblioteca.
  • A hixienización dos postos por parte dos/das usuarios/as será unha rutina fundamental no protocolo de uso da Biblioteca.
  • O profesorado interesado en utilizar a biblioteca como aula deberá reservar previamente o espazo anotándoo no cadrante que a tal efecto estará dispoñible na sala de profesorado e deberá aterse ás seguintes normas de uso:

        − Indicar o día, o horario e o grupo de alumnado co que se acudirá á biblioteca (informar previamente á Dirección do centro e/ou á persoa coordinadora da mesma).
        − Vixiar o correcto uso da sala, a desinfección dos materiais e postos empregados e a ventilación do espazo, de acordo co plan xeral de actuación ante a COVID–19.
        − Non alterar a distribución das mesas e as cadeiras.
        − Cumprir estritamente as normas de uso da biblioteca perante a COVID–19, recollidas no presente Documento.

3.- Servizo de préstamo

  • O préstamo e devolución de materiais farase de forma habitual pero sempre de xeito persoal, sen intermediarios/as.
  • Non se poderán coller libros dos estantes. En caso de precisar un libro ou material o profesorado de garda de biblioteca será o encargado de coller o mesmo dos andeis. Desta maneira, tentarase diminuír a manipulación dos libros.
  • Facilitarase un servizo de préstamo online a través do correo electrónico da propia biblioteca (boiroteca@gmail.com). A petición será atendida á maior brevidade polo equipo de biblioteca, que indicará a data de recollida do material solicitado.
  • De cara a facilitar o préstamo online, poderase consultar os libros e materiais dispoñibles na biblioteca no seguinte enderezo, ou co seguinte código QR

  • Os materiais devoltos deberán permanecer illados na caixa habilitada para tal fin por un período de 24 horas.
  • O profesorado de garda de biblioteca será o encargado de devolver ao seu lugar os libros / materiais devoltos unha vez transcorrido o período de illamento antes indicado.
  • Dada a especial sensibilidade dos préstamos e devolucións, ningún membro da comunidade educativa poderá coller e/ou devolver materiais da biblioteca sen a supervisión do equipo de biblioteca ou fóra do horario de apertura da mesma.

4.- Medidas de hixiene

  • Ventilación: Dado que a ventilación é unha das medidas máis eficaces para minimizar a transmisión do virus, as xanelas da biblioteca permanecerán abertas o máximo tempo posible.
  • O profesorado de garda de biblioteca limpará o mostrador e o teclado antes e despois da súa estancia, así como os materiais que usase: cadeira, tesoiras, bolígrafos, etc.
  • Uso obrigatorio do xel desinfectante á entrada e á saída para todos/as os/as usuarios/ as sen excepción (docentes, non docentes e alumnado).

5.- Posibles escenarios consecuencia da pandemia

a) Presencial:
− Seguiranse as medidas arriba expostas.
b) Semipresencial:
− Durante o ensino na casa empregarase a conta de correo da biblioteca para xestionar os préstamos.
− Os libros entregaranse nas aulas o día de clase presencial por membros do equipo de biblioteca.
− Para os días de ensino presencial seguirase o protocolo exposto no apartado 3.
c) Non presencial:
− Empregarase a conta de correo da biblioteca para xestionar os préstamos.
− Os envíos e recollida dos libros realizaranse, segundo se acorde, a través de Protección Civil ou recollida en centro por parte dalgún membro da familia.

6.- Outros aspectos

  • O equipo de biblioteca vixiará o estrito cumprimento destas normas.
  • Todas as actividades planificadas polo equipo de biblioteca deberán cinguirse a estas normas, priorizándose sempre as accións virtuais e aquelas que garantan a seguridade de toda a comunidade educativa.
  • Estas normas poderán sufrir variacións en función da evolución da situación sanitaria.
  • Mantéñense todas as normas de uso da biblioteca que non son incompatibles coa situación provocada pola COVID–19; entre outras:

− Débese observar o máximo silencio posible.
− Non está permitido comer nin beber.
− Non está permitido o uso do teléfono móbil.
− Débense respectar e seguir sempre as indicacións do persoal do equipo de biblioteca.

24 de outubro, Día das Bibliotecas

 


viernes, 2 de octubre de 2020

Inicio do Curso 20/21

 Ola de novo, sede benvid@s á vosa Biblioteca onde intentaremos darvos o mellor posible, ainda  nestes tempos de precariedade.

A novidade máis sinalada neste curso é que a biblioteca ten que ceder o seu espacio para ser utilizada como clase, polo que o seu horario de atención ao alumnado limítase aos dous recreos diarios.

A pandemia tamén nos obliga a limitar o aforo a 15 persoas como máximo.

Polo demáis, poderedes seguir collendo libros para levar a casa e seguiremos promovendo e deseñando actividades e eventos educativos e divertidos como ata agora.

Sen mais, desexarvos un bo curso e moita paciencia coas medidas que este particular momento nos obliga a tomar .

Saúdos!


sábado, 23 de mayo de 2020

Carteis da fallida semana temática deste curso

Polo que tod@s sabemos, este ano as clases foron bruscamente interrumpidas, e con elas todas as actividades relacionadas.
Déixovos aquí o cartel da que ía a ser a semana temática deste ano



jueves, 23 de abril de 2020

Feliz día do libro

Dende o exilio sanitario, e agora máis que nunca, desexámosvos un Feliz Día do Libro.
Saúdos e saúde.


lunes, 27 de enero de 2020

Visita de Manuel Portas

O pasado día 21 de Xaneiro estivo no centro Manuel Portas para falar da súa última novela, Por puntos, co alumnado de 1 de bacharelato.



lunes, 20 de enero de 2020

cóidome e coido o meu planeta





Nesta curtametraxe de Steve Cutts, encargada pola Gaia Fundation, vemos unha reflexión sobre o consumismo voraz que asola o noso medioambiente e aliénanos, a obsolescencia programada, etc...