Correo electrónico

boiroteca@gmail.com

lunes, 25 de abril de 2016

Concurso de Selfies cun libro

A Biblioteca do IES Praia Barraña de Boiro, a vosa Boiroteca, ten o pracer de convocar o I  Concurso de Selfies cun Libro.



Elixe o teu libro favorito e fai un autoretrato fotográfico (selfie) orixinal e divertido, sempre tendo en conta que ten que aparecer un ou varios libros
O retrato recoméndase que sexa de medio corpo ou máis preto. As proporcións deben de ser cadradas, igual alto que ancho, aplicacións como Instagram e similares permitiranvos usar o formato cadrado.

Para participar terás que envialo por correo a boiroteca@gmail.com e poderás gañar un fabuloso premio.

Tamén podes compartilo co hashtag #boirotecaselfie, pero non esquezas envialo igualmente ao mail da biblio.

O prazo para enviar as fotos terminará o 31 de maio.

Poderás enviar ata cinco fotos (diferentes) como máximo.

lunes, 11 de abril de 2016

Visita de Ledicia Costas

O pasado 31 de marzo disfrutamos da presenza de Ledicia Costas, unha das escritoras preferidas polos nosos lectores e lectoras.

Xa é a segunda vez que Ledicia visita o noso centro. Nesta ocasión falounos da súa obra Escarlatina, a cociñeira defunta, que foi lectura do alumnado de primeiro de ESo esta avaliación.
Como sempre ocorre coas súas obras, foi acollida con moito éxito polos nosos lectores, que ademais de disfrutar da lectura disfrutaron coa cociña, practicando as saborosísimas receitas de Román. Xoán agasallounos cunha cesta de deliciosas madalenas.
Ledicia presentounos a precuela de Escarlatina, a cociñeira defunta, Esmeraldina, a pequena defunta, que xa está na nosa biblioteca nunha especial edición asinada pola autora e dedicada a todos vós, os nosos boirotek@s.
Ata a próxima, Ledicia. E parabéns polo Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2015.










III Proxecto de Centro "Desenvolvemento Sostible"

O IES Praia Barraña de Boiro celebra na semana do 11 ao 15 de abril  a III Semana Temática, coordinado pola Biblioteca Escolar, dedicada este curso ao Desenvolvemento Sostible.


 Hoxe luns 11 de abril, tivo lugar o acto de presentación do evento. 

O alumnado asistiu á proxección dos diversos traballos audiovisuais realizados  e á estrea do documental “O legado das Rías Galegas” de Jorge J. Candán. 





Asemade hai toda una serie de traballos de investigación expostos en diversos espazos do centro.

Aquí tendes o programa de actividades e exposicións.










jueves, 7 de abril de 2016

Día da Muller

Celebramos o Día da Muller lendo textos das nosas escritoras máis representativas, reivindicando a igualdade da muller cun pano vermello en memoria de Geraldine Hoff, quen encarnou a sonada pose co brazo erguido e o pano que nós retomamos para insistir en que sí é posible a igualdade.







































Tamén suxerimos unha interesante selección de lecturas á disposición dos lectores e lectoras da Biblio.











Aproveitamos o símbolo do lazo cos rostros de moitas mulleres que nos poñen voz.