Correo electrónico

boiroteca@gmail.com

viernes, 26 de noviembre de 2021

25N Día Internacional pola eliminación da Violencia contra as Mulleres


Onte celebrouse o 25 de Novembro que é un día internacional adicado á loita pola visibilización e a eliminación da violencia contra as mulleres e o IES Praia Barraña apoiou esta loita cunha serie de actividades organizadas polos grupos de dinamización e creatividade do centro.


A entrada da mañá recibía aos estudantes cun camiño flanqueado por zapatos vermellos que guiaban a ruta dende o portón á entrada do edificio, onde unha serie de formas agardaban na penumbra do pasillo da entrada. 
A instalación homenaxea a obra "zapatos rojos" da artista mexicana Elina Chauvet, que denunciaba así a brutal estadística de mulleres mortas pola violencia en Ciudad Juárez, México e que finalmente integrou a mera idea da violencia contra as mulleres, sexan de onde sexan.



Xa entrando na penumbra do distribuidor, descubríase un grupo das mulleres do centro, vestidas de luto e cunha mazá na man, o símbolo do estigma e do pecado que se lle presupón á muller dende tempos bíblicos, as cales posaban hieráticas e en silencio, coma mudas testemuñas do horror.

As participantes da performance

A performance tiña unha áncora temporal que permaneceu no centro toda a semana, unha representación de Eva feita nuns bloques e que atoparíamos na recibidor.




Xa no pasillo, un mural manuscrito amosaba a arrepiante relación de vítimas mortais provocadas por esta violencia.







Finalmente, as mulleres manifestaron cunha pancarta no patio a súa preocupación pola violencia contra as mulleres, unidas en sororidade e cunha causa común.