1.- Entrada
- A biblioteca permanecerá aberta e a disposición dos/as usuarios/as da mesma durante os dous períodos de recreo de cada xornada lectiva. Fóra de dita franxa horaria só poderá ser empregada logo de solicitar o correspondente permiso á Dirección do centro e/ou á persoa coordinadora da mesma.
- Se fora necesario, poderase limitar o acceso á biblioteca nalgún recreo con motivo do desenvolvemento de actividades dos clubes de lectura, charlas…
- A porta da biblioteca permanecerá aberta durante o tempo de uso da mesma para evitar ter que tocala.
- O aforo máximo da biblioteca será de 15 persoas.
- Non se poderá acceder á biblioteca se o aforo da mesma está completo.
- O uso da máscara é obrigatorio en todo momento.
- Os/As usuarios/as deberán hixienizar as mans tanto ao entrar como ao saír da biblioteca.
2.- Permanencia na biblioteca
- Co fin de manter a distancia de seguridade, só poderán ser empregados os postos de traballo habilitados.
- Mentres dure a situación excepcional, non se permitirá o uso de xogos de mesa, ou materiais semellantes.
- Postos informáticos:
− Só se poderán empregar os postos sinalados (dous en total).
− En cada posto só poderá permanecer un/unha único/a usuario/a.
− Cada usuario/a, ao rematar de utilízalo, limpará o posto (sempre botando a solución hidroalcohólica sobre o pano, nunca directamente sobre o ordenador).
- Ao rematar, os/as usuarios/as da biblioteca hixienizarán os postos de traballo que teñan ocupado (mesa e cadeiras), empregando a solución hidroalcohólica e os panos desbotables que estarán á súa disposición. Despois do seu uso, os panos deberán ser desbotados na papeleira con tapa situada na entrada da biblioteca.
- A hixienización dos postos por parte dos/das usuarios/as será unha rutina fundamental no protocolo de uso da Biblioteca.
- O profesorado interesado en utilizar a biblioteca como aula deberá reservar previamente o espazo anotándoo no cadrante que a tal efecto estará dispoñible na sala de profesorado e deberá aterse ás seguintes normas de uso:
− Indicar o día, o horario e o grupo de alumnado co que se acudirá á biblioteca (informar previamente á Dirección do centro e/ou á persoa coordinadora da mesma).
− Vixiar o correcto uso da sala, a desinfección dos materiais e postos empregados e a ventilación do espazo, de acordo co plan xeral de actuación ante a COVID–19.
− Non alterar a distribución das mesas e as cadeiras.
− Cumprir estritamente as normas de uso da biblioteca perante a COVID–19, recollidas no presente Documento.
3.- Servizo de préstamo
- O préstamo e devolución de materiais farase de forma habitual pero sempre de xeito persoal, sen intermediarios/as.
- Non se poderán coller libros dos estantes. En caso de precisar un libro ou material o profesorado de garda de biblioteca será o encargado de coller o mesmo dos andeis. Desta maneira, tentarase diminuír a manipulación dos libros.
- Facilitarase un servizo de préstamo online a través do correo electrónico da propia biblioteca (boiroteca@gmail.com). A petición será atendida á maior brevidade polo equipo de biblioteca, que indicará a data de recollida do material solicitado.
- De cara a facilitar o préstamo online, poderase consultar os libros e materiais dispoñibles na biblioteca no seguinte enderezo, ou co seguinte código QR
- Os materiais devoltos deberán permanecer illados na caixa habilitada para tal fin por un período de 24 horas.
- O profesorado de garda de biblioteca será o encargado de devolver ao seu lugar os libros / materiais devoltos unha vez transcorrido o período de illamento antes indicado.
- Dada a especial sensibilidade dos préstamos e devolucións, ningún membro da comunidade educativa poderá coller e/ou devolver materiais da biblioteca sen a supervisión do equipo de biblioteca ou fóra do horario de apertura da mesma.
4.- Medidas de hixiene
- Ventilación: Dado que a ventilación é unha das medidas máis eficaces para minimizar a transmisión do virus, as xanelas da biblioteca permanecerán abertas o máximo tempo posible.
- O profesorado de garda de biblioteca limpará o mostrador e o teclado antes e despois da súa estancia, así como os materiais que usase: cadeira, tesoiras, bolígrafos, etc.
- Uso obrigatorio do xel desinfectante á entrada e á saída para todos/as os/as usuarios/ as sen excepción (docentes, non docentes e alumnado).
5.- Posibles escenarios consecuencia da pandemia
a) Presencial:
− Seguiranse as medidas arriba expostas.
b) Semipresencial:
− Durante o ensino na casa empregarase a conta de correo da biblioteca para xestionar os préstamos.
− Os libros entregaranse nas aulas o día de clase presencial por membros do equipo de biblioteca.
− Para os días de ensino presencial seguirase o protocolo exposto no apartado 3.
c) Non presencial:
− Empregarase a conta de correo da biblioteca para xestionar os préstamos.
− Os envíos e recollida dos libros realizaranse, segundo se acorde, a través de Protección Civil ou recollida en centro por parte dalgún membro da familia.
6.- Outros aspectos
- O equipo de biblioteca vixiará o estrito cumprimento destas normas.
- Todas as actividades planificadas polo equipo de biblioteca deberán cinguirse a estas normas, priorizándose sempre as accións virtuais e aquelas que garantan a seguridade de toda a comunidade educativa.
- Estas normas poderán sufrir variacións en función da evolución da situación sanitaria.
- Mantéñense todas as normas de uso da biblioteca que non son incompatibles coa situación provocada pola COVID–19; entre outras:
− Débese observar o máximo silencio posible.
− Non está permitido comer nin beber.
− Non está permitido o uso do teléfono móbil.
− Débense respectar e seguir sempre as indicacións do persoal do equipo de biblioteca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario