Ola de novo, sede benvid@s á vosa Biblioteca onde intentaremos darvos o mellor posible, ainda nestes tempos de precariedade.
A novidade máis sinalada neste curso é que a biblioteca ten que ceder o seu espacio para ser utilizada como clase, polo que o seu horario de atención ao alumnado limítase aos dous recreos diarios.
A pandemia tamén nos obliga a limitar o aforo a 15 persoas como máximo.
Polo demáis, poderedes seguir collendo libros para levar a casa e seguiremos promovendo e deseñando actividades e eventos educativos e divertidos como ata agora.
Sen mais, desexarvos un bo curso e moita paciencia coas medidas que este particular momento nos obliga a tomar .
Saúdos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario