Correo electrónico

boiroteca@gmail.com

jueves, 16 de abril de 2015

Quico Cadaval o día 21 ás 10:30

O alumnado de segundo de bacharelato terán o pracer de asistir a unha sesión de contacontos/monólogos da man do sorprendente Quico Cadaval, o martes 21 ás 10:30, dentro do ciclo de actividades da II Semana Temática do IES Praia Barraña.

Quico Cadaval, nado en Ribeira o 27 de marzo de 1960, é un actor, director, adaptador teatral e o impulsor do movemento de contacontos xurdido en Galicia na década dos noventa.


Aprendeu a contar contos dende moi neno grazas a unhas vellas que se encargaron de transmitirlle historias, e tamén grazas ás persoas, da máis variada índole, que pasaban pola taberna de súa nai. Comezou na interpretación teatral a finais dos setenta no Centro Dramático Galego, e xa nos oitenta fundou a súa propia compañía: "O Moucho Clerc".

Traballou en diferentes producións da TVG, así como en curtametraxes e longametraxes, e recibiu diferentes premios polo seu traballo no teatro. Foi profesor de interpretación da Operación Triunfo portuguesa no ano 2003.
En 2011 recibiu o Premio Cultura Galega das Artes Escénicas que outorga a Xunta de Galicia.

Quico Cadaval en Pontevedra.jpg
Quico Cadaval nunha gala na boirensa Pousada das Ánimas.

Fonte: Galipedia

No hay comentarios:

Publicar un comentario