OLA!
Dende a Biblioteca vos damos a benvida a un novo e emocionante curso académico 2018-2019.
Agardamos a vosa visita e que participades en todas as actividades que vos temos preparadas.
Lembrade que tamén podedes suxerirnos actividades ou a compra de libros que vexades que nos faltan.
Nos lemos!
Correo electrónico
boiroteca@gmail.com
lunes, 24 de septiembre de 2018
jueves, 21 de junio de 2018
martes, 24 de abril de 2018
V SEMANA TEMÁTICA: BOIRO
As
actividades parten dun proxecto da Biblioteca Escolar no que desde o distintos
departamentos temáticos, o alumnado investiga arredor dun tema. Este ano
centramos o foco de atención na investigación da vila de Boiro.
Os
estudantes realizaron un traballo de investigación sobre os petroglifos, as igrexas e
cruceiros, as profesións tradicionais da contorna, o relevo, as aldeas e
lugares emblemáticos, o deporte, a literatura… así como estatísticas de temas
do seu interese.
A
inauguración tivo lugar o luns 16 cunha charla do historiador local Antón
Rodríguez Gallardo: Achega á nosa
historia a través da fotografía, na que os estudantes puideron comprobar
como era a vila, as rúas e edificacións, o transporte e tamén o ocio e costumes
dos boirenses nos anos vinte a sesenta do pasado século.
O martes
17, o alumnado de 1º e 2º de ESO fixeron unha andaina, guiados por alumnado de
2º de bacharelato, desde o instituto ao Castelo de Vitres e acompañados polo
profesorado de Educación Física.
O día 18
visitou o centro o grupo de rock noise Agorafobia, que deleitou ao alumnado non
só coa súa música senón tamén coa súa experiencia na difícil carreira musical.
A antiga alumna do centro e cantante do grupo, Susana Saavedra, animou a todos a loitar
polos seus soños e a crer no que cadaquén desexe ser.
Para o
alumnado de Bacharelato de Artes, o técnico de cultura do Centro Social da
vila, Alberto García, fomentou a creatividade dos futuros artistas locais e
informou das canles para dar a coñecer os seus traballos.
A
clausura da Semana tivo lugar o venres 20, coa celebración dunha feira
deportiva, coa participación de todos os clubs deportivos da vila e coa
actuación dos antigos alumnos do centro, Sabela King e Benxa, voz e guitarra do
grupo The Lákazans, que namorou ao público co mellor soul da Barbanza.
Desexamos que estas experiencias aumenten en peso e importancia, pois temos comprobado que o traballo multidisciplinario é unha das mellores maneiras de avanzar nesta aventura pedagóxica.
AQUÍ vos deixo unha ligazón á galería de fotos
AQUÍ vos deixo unha ligazón á galería de fotos
lunes, 23 de abril de 2018
lunes, 2 de abril de 2018
martes, 6 de febrero de 2018
Día dos namorados
Xa está aquí o amor ocupando os nosos corazóns, e a Biblioteca desbordando o centro con actividades.
- Non deixes de pasar polo muro do amor e escribir a túa mensaxe.
- Lembra, un doce agasallo agarda a quen complete os corazóns antes. Tendes que resolver o puzzle atopando o anaco que falta e entregalo na Biblioteca.
- Igualmente, quen completae os poemas ciscados polo centro, terá outro agasallo.
- Fai fotos no photocall e compárteas co hashtag #barrañamor . A foto máis romántica terá tamén un agasallo.
martes, 16 de enero de 2018
Xa rematou o Nadal
Xa rematou o Nadal e despedímonos da decoración festiva, pero ollo non vos relaxedes que por ahí ven o Entroido.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

























