As
actividades parten dun proxecto da Biblioteca Escolar no que desde o distintos
departamentos temáticos, o alumnado investiga arredor dun tema. Este ano
centramos o foco de atención na investigación da vila de Boiro.
Os
estudantes realizaron un traballo de investigación sobre os petroglifos, as igrexas e
cruceiros, as profesións tradicionais da contorna, o relevo, as aldeas e
lugares emblemáticos, o deporte, a literatura… así como estatísticas de temas
do seu interese.
A
inauguración tivo lugar o luns 16 cunha charla do historiador local Antón
Rodríguez Gallardo: Achega á nosa
historia a través da fotografía, na que os estudantes puideron comprobar
como era a vila, as rúas e edificacións, o transporte e tamén o ocio e costumes
dos boirenses nos anos vinte a sesenta do pasado século.
O martes
17, o alumnado de 1º e 2º de ESO fixeron unha andaina, guiados por alumnado de
2º de bacharelato, desde o instituto ao Castelo de Vitres e acompañados polo
profesorado de Educación Física.
O día 18
visitou o centro o grupo de rock noise Agorafobia, que deleitou ao alumnado non
só coa súa música senón tamén coa súa experiencia na difícil carreira musical.
A antiga alumna do centro e cantante do grupo, Susana Saavedra, animou a todos a loitar
polos seus soños e a crer no que cadaquén desexe ser.
Para o
alumnado de Bacharelato de Artes, o técnico de cultura do Centro Social da
vila, Alberto García, fomentou a creatividade dos futuros artistas locais e
informou das canles para dar a coñecer os seus traballos.
A
clausura da Semana tivo lugar o venres 20, coa celebración dunha feira
deportiva, coa participación de todos os clubs deportivos da vila e coa
actuación dos antigos alumnos do centro, Sabela King e Benxa, voz e guitarra do
grupo The Lákazans, que namorou ao público co mellor soul da Barbanza.
Desexamos que estas experiencias aumenten en peso e importancia, pois temos comprobado que o traballo multidisciplinario é unha das mellores maneiras de avanzar nesta aventura pedagóxica.
AQUÍ vos deixo unha ligazón á galería de fotos
AQUÍ vos deixo unha ligazón á galería de fotos
No hay comentarios:
Publicar un comentario