Correo electrónico

boiroteca@gmail.com

sábado, 21 de febrero de 2015

Entroido 2015

A Biblioteca e @s alumn@s de 2ºBach D ofrécenvos o Photocall do pasado Entroido 2015 no IES Praia Barraña.


https://plus.google.com/photos/101012797961363624579/albums/6118042646980456753
Preme na foto para acceder á galería


Fotos por Pascual Vidal.

domingo, 15 de febrero de 2015

O Amor xa ten gañadores!!!

O pasado xoves, no segundo recreo, demos a coñecer aos gañadores do Concurso de Cartas de Amor!

A biblioteca estaba ateigada e non cabía ninguén máis, a xente estaba nerviosa e expectante por saber se a súa carta era a gañadora.

Estes foron os que se fixeron co ansiado premio:



- Alba Castro Vidal, de 1º ESO B, conquistounos coa súa carta chea de amor e sentimento.



- Sergio Piñeiro Bermúdez regalou os nosos corazóns cunhas liñas que lograron emocionarnos e acadou o premio do segundo ciclo da ESO.



- Juan Pérez Santamaría de 2º Bach D namorounos cunha preciosa epístola, facéndose co galardón destinado aos bachareles.



Este ano tivemos un premio especial para unha carta que nos sorprendeu enormemente escrita por Solagne, a profesora de Francés.



Pero foron moitas as cartas que quedaron sen premio e merecen unha mención especial, como a de Manuel Núñez Nieto, que escribe á súa amada desde Palestina, a de Lois Pimentel Iglesias, cunha emotiva carta de amor á lingua, á nai, a de Marta Folgar Martínez,... que tendes que ler.

Coa Biblioteca chea de simbólicos corazóns que colgaban do teito e se balanceaban levemente coa tenue brisa que levantaban as ás de Cupido, poemas de amor engalanando as paredes, os asistentes disfrutaron das larpeiradas propias do Entroido, feitas na casa polas amables mans de Ánder, Sara e Carme de 2ª Bach D, os cales puxeron a nota doce á entrega de premios.

Esperamos que vos gustase a iniciativa e disfrutade das fotos do evento, que podedes ver AQUÍ.

jueves, 12 de febrero de 2015

Exposición de Matemáticas: Historia de como aprendimos a contar e os aparellos empregados




Do 9 de febreiro ao 4 de marzo estará no no noso centro unha nova exposición de matemáticas: De como aprendemos a contar e os aparellos empregados.

A exposición amosa 20 carteis nos que vemos a evolución do cálculo dende a prehistoria ata os nosos días.

Ademais 10 paneis nos que vemos como foron evolucionando os números nas diferentes culturas.

E 20 paneis máis con fotografías das diferentes máquinas que se utilizaron para calcular ao longo da historia.

Esta exposición pretende responder á típica pregunta: Para que serven as matemáticas?, e intenta amosar que as matemáticas son unha das ciencias máis antigas e máis útiles.



 

jueves, 22 de enero de 2015

Suxestións de lecturas de amor



Pasa polo expositor da biblioteca onde atoparás unha ampla selección de libros de amor.
Seguro que hai un libro para ti.

miércoles, 21 de enero de 2015

Palabra de Boirotek@!: Entrevistas a libreir@s da vila

As nosas Boirotekas máis novas están facendo un traballo de investigación sobre os hábitos de lectura na vila, a través dunha serie de entrevistas a diferentes persoas que nos amosan a súa relación cos libros e a lectura en xeral.

A primeira entrevista achéganos a Pili, a libreira que rexenta a libraría máis próxima ó Instituto.

Agardamos que sexa do voso interese e lembrade, a lectura é o comezo dunha viaxe que nunca terá fin e levaravos ós lugares máis asombrosos do Universo.



Entrevistas libreir@s da vila: Librería PILI





Nome: Librería Pili

Rúa: Avd. de Compostela

Rexentada por: Pilar Silva Castro

- Ola, podémoslle facer unhas preguntas?
Si, por suposto.

- Cantos anos leva aberta a libraría? En que ano se abriu?
Abriu hai 32 anos, no 1982.

- Trátase dun negocio familiar? Que xeración é a actual?
Si, é un negocio familiar. Son a primeira xeración.

- Nestes tempos nos que se le pouco, segue a ser un negocio que funciona?
Non, só se mantén pola papelaría, coma a maioría das librerías. É o que a está á salvar.

- Nota a competencia do libro electrónico?
Si, nótase moitísimo.

- Le a xente de Boiro? Merca moitos libros?
Non, moi pouco. Case non se mercan libros.

- Que tipo de libros vende máis?
O que máis se vende é a intriga, o misterio e a ciencia ficción.

- Supoñemos que como libreira, é afeccionada á lectura.
Si, moitísimo.

- Que prefire: novela ou poesía?
Novela, sen dúbida.

- Cando e onde lle gusta ler?
Aquí, na librería, polas tardes, cando hai pouca clientela.

- En que lingua adoita ler?
Normalmente en castelán.

- Cal é o seu escritor-a preferido?
Teño moitos pero, neste momento, gústame moito Dolores Redondo.

- Que lía á nosa idade?
Lía sobre todo a Xulio Verne, aínda que tamén lía a outros escritores.

- Que está a ler agora?
Estou lendo “El asesinato por diversión”, de Fredric Brown.

-Que é a lectura para vostede?
É un modo de ampliar vocabulario, de pasar uns momentos agradables, de entreterse, etc.

-Por último, que libros nos recomendaría?
Eu recomendo a Laura Gallego, é moi boa e idónea para a vosa idade.

-Moitas grazas pola súa atención.

lunes, 19 de enero de 2015

Concurso de CARTAS DE AMOR por San Valentín


Ola.
Xa se aproxima o día dos namorados e a vosa Biblioteca comenza a arrecender a pétalos de rosa.

Convocamos o CONCURSO DE CARTAS DE AMOR coas seguintes bases:

- Pode participar calquera persoa que pertenza á comunidade educativa do IES Praia Barraña de Boiro.
- Escribe unha carta de amor e deposítaa na caixa de correos que atoparás na Biblioteca.
- O prazo de entrega remata o día 6 de febreiro.
- A tres mellores cartas serán premiadas.

Respirade a fondo para osixenar as bolboretas do estómago, calmar a patata e baixar a bilirrubina e poñédevos mans á obra!

E para inspirarvos velaí unha bonita canción de amor.
Lela de Castelao, intepretada por Dulce Pontes.

Love is in the air.