O pasado xoves, no segundo recreo, demos a coñecer aos gañadores do Concurso de Cartas de Amor!
A biblioteca estaba ateigada e non cabía ninguén máis, a xente estaba nerviosa e expectante por saber se a súa carta era a gañadora.
Estes foron os que se fixeron co ansiado premio:
- Alba Castro Vidal, de 1º ESO B, conquistounos coa súa carta chea de amor e sentimento.
- Sergio Piñeiro Bermúdez regalou os nosos corazóns cunhas liñas que lograron emocionarnos e acadou o premio do segundo ciclo da ESO.
- Juan Pérez Santamaría de 2º Bach D namorounos cunha preciosa epístola, facéndose co galardón destinado aos bachareles.
Este ano tivemos un premio especial para unha carta que nos sorprendeu enormemente escrita por Solagne, a profesora de Francés.
Pero foron moitas as cartas que quedaron sen premio e merecen unha mención especial, como a de Manuel Núñez Nieto, que escribe á súa amada desde Palestina, a de Lois Pimentel Iglesias, cunha emotiva carta de amor á lingua, á nai, a de Marta Folgar Martínez,... que tendes que ler.
Coa Biblioteca chea de simbólicos corazóns que colgaban do teito e se balanceaban levemente coa tenue brisa que levantaban as ás de Cupido, poemas de amor engalanando as paredes, os asistentes disfrutaron das larpeiradas propias do Entroido, feitas na casa polas amables mans de Ánder, Sara e Carme de 2ª Bach D, os cales puxeron a nota doce á entrega de premios.
Esperamos que vos gustase a iniciativa e disfrutade das fotos do evento, que podedes ver AQUÍ.
No hay comentarios:
Publicar un comentario