Correo electrónico

boiroteca@gmail.com

lunes, 26 de abril de 2021

VIDEO Multicentros polo DÍA DO LIBRO 2021

Moi boas a todos e todas:

Dende a Biblioteca Escolar do IES "Praia Barraña" queremos compartir con todos e todas vos o vídeo elaborado con motivo do Día do Libro 2021.

O mesmo é un traballo conxunto no que participamos as bibliotecas dos diferentes centros de ensino do Concello de Boiro (tanto centros de Educación Primaria como centros de Educación Secundaria) baixo a coordinación dos/as responsables da biblioteca municipal.

No caso concreto do noso centro o alumnado que particpou no mesmo foron: Héctor, Daniel, Manuel, Paula e Mónica, todos/as eles/as pertencentes á Unidade de Educación Especial do centro.



Esperamos que sexa do voso agrado.

Un saúdo.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario