J. K. Rowling
Joanne "Jo" Rowling, nada o 31 de xullo de 1965 en Yate, South Gloucestershire, Reino Unido, máis coñecida como J. K. Rowling, é a autora da serie de libros de fantasía Harry Potter. Os seus libros fixéronse famosos en todo o mundo, gañaron múltiples premios e venderon máis de 400 millóns de copias. As novelas foron a base dunha popular saga de filmes, a cuxos guións Rowling daba a súa aprobación, ademais de manter un control creativo e ser produtora dos filmes.
Rowling artellou a idea da serie nunha viaxe en tren de Manchester a Londres en 1990. En marzo de 2011, a revista Forbes estimou que a fortuna de Rowling ascendía a mil millóns de dólares estadounidenses. A escritora obtivo o Premio Príncipe de Asturias da Concordia no ano 2003, así como outros recoñecementos internacionais. Colabora con varias organizacións caritativas, como Comic Relief, One Parent Families, Multiple Sclerosis Society of Great Britain e Lumos.
Harry Potter
Sinopse:
Durante moitos anos o mundo máxico foi aterrado polo mago
malvado Lord Voldemort, o cal descubriu o refuxio da familia Potter, e os matou
cunha maldición asasina. Cando quixo matar ao pequeno Harry Potter, a maldición
asasina, Avada Kedavra vólvese sobre si mesmo. O corpo de Voldemort resulta destruído, pero o seu espírito
sobrevive: non está morto nin vivo. Pola súa banda, a Harry só lle queda unha cicatriz con forma
de raio na fronte e o mundo máxico comeza a chamalo «o neno que sobreviviu».
Despois disto Harry vive cos únicos parentes que ten vivos: os seus tíos e o seu primo. Pero isto non lles serve de nada, antes do 11º aniversario de Harry empezan a chegarlle cartas do Colexio Hoghwatrs de Maxia e Feitizaría.
Despois disto Harry vive cos únicos parentes que ten vivos: os seus tíos e o seu primo. Pero isto non lles serve de nada, antes do 11º aniversario de Harry empezan a chegarlle cartas do Colexio Hoghwatrs de Maxia e Feitizaría.
A partir dese momento, Harry pasa a maior parte do seu tempo en Hogwarts, onde vive moitas aventuras cos seus amigos Ron Weasley e Hermione Granger e vaise preparando para o día no que teña que enfrontarse a Voldemort…
Opinión personal:
Non fai falla que fale de aspectos dos libros porque supoño
que TODOS lerían alguna vez Harry Potter ou, os máis vagos, verían as películas
(os que non igual levan un Imperio ou Avada Kedavra así que, mellor collede os
libros na biblioteca para lelos, que sae máis rentable).
De toda a saga para min, os mellores libros son os dous
primeiros, onde ves a infancia de Potter e “Harry Potter e o misterio do
príncipe” porque contános a historia de Severus Snape que é para min, un dos
mellores personaxes da saga (e dio una Gryffidor de corazón).
O que máis me gusta dos libros de Potter son algunas frases
que son magníficas (e teño marcadas con papeis XD) ben, tamén a sabedoría de
Granger e o medo as arañas de Ron (por certo, aconséllovos ver a 2º película de
Harry Potter na Galega, ademáis de estar super ben traducida o momento das
arañas é de fábula).
O que menos me gusta nos libros
é que se fala ben pouco dos pais de Potter e os seus amigos. A mín faltoume
quizais un pouco máis da súa historia e que a escritora nos metera no mundo das
falcatruadas dos Merodeadores.
En canto aos
personaxes non se pode falar
moito deles, cada un ten esa maxia que consegue darlles J.K. Rowling. Vemos como estes evolucionan ao
longo dos anos en Hogwarts. Encántame o trio de ouro, sobre todo Hermione e os
seus magníficos momentos. Pero os mellores, para min, son os xemelgos Weasley:
Fred e George.
SPOILERS DAME MOITÍSIMA PENA CANDO MORRE FRED!! E MOI TRISTE. Se puidera cambiar
algo do libro, serían as mortes de Fred e Snape
FIN DE SPOILER
FIN DE SPOILER
Frases dos irmánsWeasley:
-Ron, ¿prestasnos a Pigwidgeon?
-Non, está entregando unha carta, para
que o queredes?
-Porque George quere que sea a
súa parexa de baile
Deixo a miña puntuación a continuación:
9
¾
No hay comentarios:
Publicar un comentario