Relación dos whatsapps recibidos para o concurso de amor organizado por ciclos.
ESO
Non sei por que te trato mal, pero si
sei por que te quero.
Cando miro para ti, non escoito os que
me están falando.
Nas cousas que penso son: os exames, a
miña vida... Pero o que máis quero es ti.
No día dos namorados case morro porque
teño nostalxia de cando estaba contigo e todos están coas súas noivas.
Contigo coñecín as lágrimas de
felicidade.
Ama con loucura, o amor non dura para sempre,
nunca digas nunca, pero nada é para
sempre.
Cada vez que me falas sinto que a vida
se me para nun segundo, que o feito de respirar non vai cambiar a angustia que
me pesa dentro. Tiña que dicircho, tiña que exteriorizalo. Debía saír a frote
ese sentimento que levaba tanto tempo gardado dentro miña, ese que che fai
cóxegas dentro do embigo. O amor, din. Só quero dicir aos catro ventos que me
cansei xa de ocultarme, e que, se isto é amor, gustaríame que fose
correspondido.
Quero que saibas que es a balanza que
equilibra o meu mundo.
Quero que saibas canto te quero, todo o
que significas para min, que es o meu todo. Es o meu vicio máis grande, que ti
para min es como o whisqui para o alcohólico, como a nicotina para o fumador,
como a comida para o vagabundo, como unha tragaperras para un ludópata, como o
pan para o chocolate, a nata dos meu amorodos... Es toda a miña vida!
Quéroche a pesar dos máis de 10 000 km que nos separan.
Es a melodía que entra polos meus
oídos, a luz que entra polos meus ollos, e o amor que me entra no corazón.
Desde que te conocí, lo eres todo para mí. Si me faltaras no podría
vivir. Te quiero!!
Ao mencer penso nos teus ollos que me
iluminan, ao mediodía véxote e estoupo de alegría, e ao anoitecer penso en ti
ata sen querer.
Es a cousa máis tenra e fermosa que
coñecín na miña vida... ese sorriso que rechama nas túas meixelas namoroume por
completo.
Es dono dos meus pensamentos, e cada
vez que penso en ti o meu corazón latexa con máis forza. Quéroche e quero que
esteamos xuntos sempre!
Esperta, pequena, que as nubes non se
van ata que abras os ollos.
Se ti non estiveses aquí, nada sería
igual.
Se fose o mar e ti a súa boca, subiría
a marea para bicar a túa boca.
Meu corazón, meu cariño, meu amor,
protagonista de todos os meus soños... Ti amósasme cada día cal é o verdadeiro
significado de tan incógnito vocábulo, AMOR. Es a luz que alumea a miña
escuridade, o meu raíño de sol nos días de choiva. Non mudo un só intre ao teu
carón nin pola máis satisfactoria vitoria nin pola máis doce lambetada. Os teus
brazos son o meu recuncho favorito. Téñoche lonxe, mais síntoche preto, moi
preto. Necesítoche xunta miña cada día, cada minuto, cada segundo da miña vida.
Se soubeses canto boto en falta eses fermosos ollos, ese inesquecíbel sorriso
que me fai sorrir, os teus doces agarimos. Demóstrasme que non todos os heroes
levan capa, es grande para min, o máis grande. Serei feliz se me gardas nun
anaquiño do teu corazón. Grazas, débocho todo e máis. Quérote ata o infinito e
máis alá.
Polo tanto que che quero, todo me fai
pensar en ti: o cantar dos paxaros, o son da auga ou o son do vento.
Quérote... ámote... Elo todo para
min... ti es a q me dá forzas para vivir, o sol do meu día e a lúa da miña
noite... Ámote!!
BACHARELATO
Non podo ocultalo máis, estou namorada,
teño que dicircho aínda que pola túa parte non sintas o mesmo ca min. Prefiro
sentir dor por ti, que non sentir nada en absoluto. Estou namorada de ti.
Aínda que non queira estar contigo, é
inevitable. En ocasións, o corazón gaña á razón. Pensas que é algo innecesario, ata que te dás de conta de que é algo que
forma parte de ti.
Que o brillo dos teus ollos sexa a miña
luz ao espertar cada día porque xa non sei espertar doutra maneira. 4ever túa.
Por que seguir negando o evidente? Xa
estou cansa de verte, que me mires, mirarte, seguir coma se entre nós nada
pasase. Quero estar contigo, namorarte, e dunha vez por todas, bicarte.
Ti es doce e eu manteiga ao verte.
Fagamos xuntos un biscoito.
Camiñemos xuntos polos vieiros da vida.
Permíteme que a miña felicidade sexas
ti de principio a fin.
Namoreime de ti unha vez. 100 veces
máis o volvería a facer.
Todo o que quero é estar ao teu lado,
escoitar a túa voz e ver ese sorriso, o sorriso máis bonito que nunca ninguén
puido imaxinar.
Estar sen ti é como espertar sen a
metade dun ceo azul.
Inmensa extensión do reflexo do ceo
azul celeste, de abismal profundidade e vital orixe, magnífico é o amor que me
provoca a túa fermosa serenidade.
Eu te amo tanto que quando eu estou con
você, as palavras nao podem descrever como me sinto.
Cando estou contigo sinto que non hai
nada máis, que non piso o chan e que só podo ver os teus ollos. Encántame como
es, encántame todo de ti en xeral e non paro de pensar no feliz que sería
contigo e no feliz que me gustaría facerche.
Es a miña metade, a quen quero ver ao
espertar e ao deitarme.
Quixera ser eu a túa última conexión
cada anoitecer.
E eu o teu primeiro en liña cada mañá.
Non ocultemos máis o inevitable. Entre nós hai
máis ca unha amizade. Non hai día que non deixe de pensar en ti. Gústasme moito! A túa dozura e a túa amizade hipnotízanme.
A min gústame amar e a ti ser amado.
Fariamos unha moi boa parella.
Quero poder sentirte preto de min,
quero poder bicarte a cada momento, quero estar preso no teu pensamento,
quero...te.
Bolboretas no estómago, nervios,
sorrisos e bágoas. Póñenseme as fazulas vermellas, non son quen de mirarte e ti
non dis nada. Eu a ti, quérote.
Pasei motio tempo pensando en que che
podería dicir e en como cho podería dicir. E ocorréuseme unha frase moi bonita.
Foi entón cando me dei de conta de que o máis bonito que lle puiden dicir a
alguén é que o amo. Ámote.
Hoxe pola noite soñei contigo. Estabamos
xuntiño, camiñando da man pola praia e moi alegres. Será posible que se faga
realidade?
Sabes cando algo doce che gusta tanto
que aínda que probes algo amargo, o pensamento do doce non che sae da cabezsa?
Pois iso é o que me pasa a min contigo.
Se vivísemos nun mundo ideal, de seguro
que eu sería unha raíña, unha raíña feliz e mimada polo meu rei. O meu rei que
me querería máis ca nada, coma eu a el. Quérote meu rei!
Tanto os odiabas antes e tanto os
queres agora?
A piques estiven de deixalos de lado,
quitábanme moito tempo, deixábanme sen forzas e extenuado, mais ofrecéronme os
mellores momentos da miña vida e ensináronme a ser eu mesmo; non me arrepinto de seguir con eles... cos meus
adestramentos.
Meu amor!!!! Durante cinco minutos
intentei non quererte pero aos dez segundos deime de conta de que era imposible
deixar de pensar en ti.
Dende que te coñecín, sentín algo
especial por ti. Quéroche!
Ese preciso momento no que me miraches e fuches capaz de ver algo en min
que ninguén vira ata ese momento.
Non hai felicidade máis sincera que a
que sinto despois dun bico teu. Quérote!
Quero que saibas que non existen
palabras para describir como me sinto cando me aloumiñas, cando me abrazas ou
cando me bicas, cando con voz pequeneira dis o meu nome, cando pousas a túa
fronte na miña, cando me dis que estás namorada de min… E si, pode que ás veces
me asuste ese sentimento tan forte pero teño algo claro: fostes e serás sempre
o lugar onde quero quedarme.
Din que cando tes tantas cousas dando
voltas na cabeza e pensas moito nelas é malo, pero é todo o contrario cando ti
estás nelas.
Ti es quen enche todos e cada un dos
espazos baleiros da miña existencia.
Hai cousas bonitas… pero para bonito o
sorriso que me regalas cada día. Quérote!
Vivo nun mundo de tolos. Se non fose
así, todos estarían tolos por ti.
Non necesito unha muralla na que
agocharme se teño os teus brazos para protexerme. Quérote.
Ti es a cor do meu lenzo.
Cunha rosa e un bombón, eu entrégoche o
meu corazón.
No hay comentarios:
Publicar un comentario