Correo electrónico

boiroteca@gmail.com

domingo, 28 de junio de 2026

Lectores orgullos@s

 Na Boiroteca somos lectores curiosos e diversos, e gústanos utilizar os libros para vivir todo tipo de vidas, reais ou fantásticas, do pasado e do futuro. Non hai mellor forma de entender o mundo que vivimos que poñernos na pel de todos e todas as que nos rodean vivindo as súas vidas nas páxinas.

Accede ao noso padlet para saber que libros podes atopar na Boiroteca con personaxes ou temáticas que xiran arredor da diversidade sexual e de xénero.


viernes, 19 de junio de 2026

Recomendacións de verán

 O verán está cheo de tempo libre para adicar ás mil cousas que nos gustan e para as que non tempos tempo o resto do ano: estar cos amigos, pasar tempo ao aire libre, durmir un chisquiño máis... e ler! Ler moito! Velaquí van algunhas recomendacións para que aproveitedes o voso tempo de lecer sumerxíndovos en novas historias.



miércoles, 17 de junio de 2026

Apadriñamento lector co CEIP Praia Xardín


Neste curso decidimos facer dúas visitas ao alumnado de Praia Xardín, e nesta ocasión tocoulle ao alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria. O noso alumnado dos clubes de lectura e voluntarias da biblioteca compartiron un ratiño de lectura cos máis pequenos, que escoitaron moi atentos as historias que lles leron. Agardamos que para eles fose unha actividade tan estupenda como para nós.



sábado, 13 de junio de 2026

Entre libros e letras. Escribamos no ceo: obradoiro de mitos e astronomía na literatura á luz de Begoña Caamaño, con Estíbaliz Espinosa

 



Esta semana visitou a Boiroteca Estíbaliz Espinosa para traballar co alumnado de 4º de ESO nun obradoiro arredor da escrita, a mitoloxía e a figura de Begoña Caamaño, autora homenaxeada neste ano 2026 no Día das Letras Galegas.  Neste obradoiro, organizado polo Equipo de Dinamización Lingüística e o Departamento de Lingua Galega, coa colaboración da biblioteca, a autora falou de figuras coma Circe ou Morgana e de mulleres no mundo da ciencia e da literatura. Unha actividade moi creativa e inspiradora. 

viernes, 29 de mayo de 2026

Entre libros e letras: charla co autor Nando López

 


Hoxe visitounos o autor Nando López para conversar co alumnado de 4º de ESO sobre a súa novela En las redes del miedo. Foi unha charla distendida durante a que o autor falou da obra, do súa vocación de escritor e da súa experiencia vital. Atendeu todas as cuestións que o alumnado lle plantexou e todos e todas saíron da Boiroteca encantados. Agardamos recibilo de novo o próximo curso. Grazas ao Departamento de Lingua Castelá por xestionar con nós esta actividade. 

jueves, 16 de abril de 2026

Entre libros e letras: visita de Fernando Lalana

 


Hoxe recibimos a visita de Fernando Lalana, autor de, entre outros, Cómo robé la manzana más grande del mundo e El último muerto, lecturas do alumnado de 1º e 3º ESO respectivamente. Fernando conversou co alumnado sobre as súas obras, despois de ser presentado por algúns deles dun xeito moi especial. Foi un pracer inaugurar a nosa serie de actividades de "Entre libros e letras" deste curso con el, todos e todas rematamos encantados!

viernes, 27 de febrero de 2026

Día da muller e da nena na ciencia

 


Como vén sendo xa tradición, polo Día da muller e da nena na ciencia compartimos conmemoración con un dos nosos centros de primaria próximos. Nesta ocasión o alumnado de 1º Bacharelato de Física e Química e o grupo de teatro desprazáronse ao CEIP Santa María do Castro para achegarlles unha dramatización sobre a vida de varias mulleres salientables na historia da ciencia e para facer con eles o obradoiro de xardíns eternos, que encantou aos máis pequenos. Unha mañá de experiencias compartidas e de aprender máis sobre mulleres tantas veces esquecidas que todos deberíamos coñecer. 

lunes, 22 de diciembre de 2025

Apadriñamento lector co CEIP Praia Xardín



A petición do noso alumnado, este ano duplicamos o apadriñamento lector co alumnado do CEIP Praia Xardín. Como unha soa visita ao ano nos sabe a pouco, decidimos compartir un tempiño con eles agora que se achega o Nadal, así que o noso alumnado dos clubs de lectura e axudantes de biblioteca desplazáronse ata o colexio para visitar aos nenos e nenas de Educación Infantil. Unha hora de contos e risos, de tempo compartido e agarimo entre pequenos e grandes.

Moitas grazas, rapaces, por compartir o voso tempo de lectura con estes futuros lectores e lectoras!

viernes, 28 de noviembre de 2025

Novembro. Mes da ciencia na biblioteca.


 

Como sabedes, no mes de novembro levamos máis que nunca a ciencia á biblioteca, e nesta ocasión invitamos aos amigos do Centro de Día de Boiro a un obradoiro de xardíns eternos, impartido pola nosa profe Teresa, de Física e Química, coa axuda do profesorado e alumnado da Aula de Educación Especial. 

Todos quedaron encantados e levaron para a casa un precioso xardín metidiño en cadanseu bote. Aprenderon como se mantén vivo ese pequeno ecosistema pechado e pasaron un bo rato.

Agardamos velos pronto por aquí!

lunes, 27 de octubre de 2025

CONCURSO DE FOTOS DE MEDO polo Samaín 25

Outro ano máis celebramos o tradicional concurso de fotos de medo polo Samaín, aínda que non recibimos moitas participacións.

 
ESTAS SON AS FOTOS CONCURSANTES:
 














 



lunes, 15 de septiembre de 2025

Arrancamos un novo Curso. 2025-2026

 Ola estudantes!


Son LEO e quero darvos a benvida á vosa Bilioteca onde atoparedes xogos, boas lecturas e un entorno didáctico e acolledor.

Poñede a orella porque pronto teremos concursos e actividades moi chulas

Unha aperta!!




lunes, 19 de mayo de 2025

Entre Libros e Letras


 Con motivo da conmemoración do Día do Libro e o Día das Letras Galegas, a Boiroteca organizou unha serie de actividades relacionadas co libro e a lectura:

- Visita dos autores Raquel Castro e Francisco Castro. Raquel falou co alumnado de 1º ESO da súa obra Dormente, mentres que Francisco departiu cos rapaces e rapazas de 2º ESO sobre Iridium. Foron dúas visitas fantásticas e moi ben valoradas polo alumnado.

- Actividades de busca de información "Entre libros e letras": todos os alumnos e alumnas da ESO pasaron pola Boiroteca para resolver unha serie de actividades que incluían sopas de letras, encrucillados, puzles e un preguntón sobre o Día do Libro e as Letras Galegas.

- Apadriñamento lector co alumnado do CEIP Praia Xardín. Os rapaces e rapazas que forman parte dos Clubs de Lectura achegáronse ao noso centro de primaria adscrito para unha sesión de lecturas compartidas. Todo un éxito entre grandes e pequenos!


sábado, 10 de mayo de 2025

Apadriñamento lector co CEIP Praia Xardín

 

Como cada final de curso, o alumnado dos nosos clubes de lectura achegouse ao CEIP Praia Xardín para unha sesión de lectura compartido cos rapaces e rapazas de 1º e 2º de Educación Primaria. Como o tempo non acompañaba, tivemos que botar man da biblioteca, os corredores, as escaleiras, e calquera recuncho que nos parecese xeitoso. 
A actividade resultou todo un éxito, e grandes e pequenos voltaron encantados ás súas aulas e desexando repetir. 
Moitas grazas, coma sempre, ao noso alumnado pola súa vontade de participar, e á xente de Praia Xardín que sempre nos recibe con tanto agarimo. Ameazamos con voltar, e o próximo curso por partida doble!

miércoles, 7 de mayo de 2025

Día da muller e da nena na ciencia.

 


Con un chisco de retraso sobre a propia data por problemas de horarios, o 5 de maio o alumnado de 1º Bacharelato de Ciencias compartiu unha mañá cos alumnos e alumnas de 5º e 6º de EP do CEIP Praia Xardín na Boiroteca. 

Para comezar, un grupo de alumnas e un alumno fixeron unha dramatización presentando ao alumnado de primaria a 5 mulleres salientable da ciencia: Ángela Ruiz Robles, Hipatia, Marie Curie, Hedy Lamarr e Ada Lovelace. A continuación, e axudados polos alumnos e alumnas de Bacherelato, os rapaces e rapazas de Praia Xardín fixeron os seus pequenos xardíns eternos. O noso alumnado foinos guiando e explicándolles como funcionan, por que sobreviven as plantas dentro dos pequenos botes, que produtos estaban utilizando... 

Todos remataron a xornada encantados!

domingo, 23 de marzo de 2025

8 M. Coñecendo mulleres que constrúen o mundo.




Como xa adiantamos, polo 8M decidimos preparar un pequeno traballo de investigación sobre mulleres salientables da nosa historia utilizando os materiais dos que dispoñemos na Boiroteca, que son moitos e moi interesantes. Preparamos un Padlet con todos eles e metémolos nunha caixa que se podía levar ás aulas ou utilizar na propia biblioteca. Foron varios os e as profes que se animaron a facer uso dela, e agora os traballos realizados polo alumnado están expostos nos corredores do centro. Botádelles un ollo, descubriredes a mulleres moi interesantes!

  

jueves, 20 de febrero de 2025

As mulleres constrúen o mundo








Feito con Padlet
Son moitas as mulleres que participan e participaron na construción do mundo, aínda que moitas veces non as atopemos nos nosos libros de texto. Por iso, dende a Boiroteca, preparamos unha selección de materiais que a comunidade educativa pode utilizar para coñecer a vida e obra destas mulleres que debemos recorda

viernes, 6 de diciembre de 2024

Novembro. Mes da ciencia en galego na biblioteca escolar

 Para celebrar o "Mes da ciencia en galego na biblioteca escolar" dende a Boiroteca invitamos aos usuarios e usuarias a participar en distintas actividades:

- Ler ciencia na Biblioteca Escolar: exposición temática de libros científicos (matemáticas, zooloxía, astronomía, medio ambiente...).

- Concurso de acertixos matemáticos todos os venres do mes de novembro.

- Exposición de Xardíns Eternos do alumnado de 4º PDC, con explicacións do proceso de creación e funcionamento destes preciosos xardíns en miniatura.

- Obradoiro de Xardíns Eternos para alumnado e profesorado. Todo un éxito que agardamos replicar en vindeiras actividades.

Moitas grazas a todas e todos os que participastes nas actividades, sobre todo á nosa profe de Física e Química Teresa Sumay, que impartiu os obradoiros de xardinería.

Agardámosvos co mesmo entusiasmo nas próximas actividades que están por vir!!