O pasado 14 de febreiro, data na que se celebra o día dos Namorados, a nosa boiroteca engalanouse a tal efecto enchéndose de corazóns e moito, moito amor.
A proposta deste ano xirou en torno á reflexión sobre o significado persoal que cadaquén ten do amor, definindo coas súas propias palabras que é o amor.
Para iso o alumnado completou a oración "Amor é..." respondendo a cuestión que moveu a tanta xente ao longo dos séculos, coas súas propias reflexións.
Mais tamén incidimos na diferenza do que non debemos confundir co amor. Situacións como o control, os ciumes, a humillación, a desigualdade, a anulación,... apareceron como as máis comúns reflexións á proposta "Amor non é..."
No que levamos de ano, menos de dous meses, dezasete mulleres foron asasinadas polas súas parellas. O obxectivo desta actividade é, pois, fomentar o respecto e a igualdade. Debemos denunciar, non consentir ningún tipo de violencia ou maltrato, tanto físico como psicolóxico dende o principio da relación. Só así, concienciándonos, poderemos eliminar entre todos e todas esta lacra da nosa sociedade.
Destacamos de todas as definicións as seguintes:
"Amor é querer a unha persoa por como é, tanto por dentro como por fora", "Amor é respecto e confianza", "Amor é un sentimento abstracto que sequera os máis expertos o entenden"
Aquí vos queda unha ligazón a todas as fotos do evento
https://goo.gl/photos/ibtnL6JeGLt99ovm8
No hay comentarios:
Publicar un comentario