Correo electrónico

boiroteca@gmail.com

miércoles, 15 de marzo de 2017

Entroido 2017

Este ano celebrouse o Entroido no noso centro, como é costume, coa colaboración da Biblioteca, Departamentos de Lingua e de Artes Plásticas, sendo convocado un Festival de Disfraces.

A gala foi parte dun trabajo desenvolvido por Álvaro, María e Alba de 2º Bach de Artes para a asignatura de Deseño e acadou convocar a un bo número de chavales/las e profesores/as, aínda que en menor cantidade que nos anos precedentes.

O evento foi amenizado polo DJ ÁlvaroMix. Agradecemos a colaboración de Andrea, Marieta, Julia e Pascual, así como Emma e Chema, membros do xurado.

Adxúntovos unha morea das fotos que alí se tomaron, nas actuacións e no Photocall.

Día dos Namorados 2017

O pasado 14 de febreiro, data na que se celebra o día dos Namorados, a nosa boiroteca engalanouse a tal efecto enchéndose de corazóns e moito, moito amor.

A proposta deste ano xirou en torno á reflexión sobre o significado persoal que cadaquén ten do amor, definindo coas súas propias palabras que é o amor.

Para iso o alumnado completou a oración "Amor é..." respondendo a cuestión que moveu a tanta xente ao longo dos séculos, coas súas propias reflexións.

Mais tamén incidimos na diferenza do que non debemos confundir co amor. Situacións como  o control, os ciumes, a humillación, a desigualdade, a anulación,...  apareceron como as máis comúns reflexións á proposta "Amor non é..."

No que levamos de ano, menos de dous meses, dezasete mulleres foron asasinadas polas súas parellas. O obxectivo desta actividade é, pois, fomentar o respecto e a igualdade. Debemos denunciar, non consentir ningún tipo de violencia ou maltrato, tanto físico como psicolóxico dende o principio da relación. Só así, concienciándonos, poderemos eliminar entre todos e todas esta lacra da nosa sociedade.

Destacamos de todas as definicións as seguintes:

"Amor é querer a unha persoa por como é, tanto por dentro como por fora", "Amor é respecto e confianza", "Amor é un sentimento abstracto que sequera os máis expertos o entenden"

Aquí vos queda unha ligazón a todas as fotos do evento

https://goo.gl/photos/ibtnL6JeGLt99ovm8