Correo electrónico

boiroteca@gmail.com

viernes, 6 de diciembre de 2024

Novembro. Mes da ciencia en galego na biblioteca escolar

 Para celebrar o "Mes da ciencia en galego na biblioteca escolar" dende a Boiroteca invitamos aos usuarios e usuarias a participar en distintas actividades:

- Ler ciencia na Biblioteca Escolar: exposición temática de libros científicos (matemáticas, zooloxía, astronomía, medio ambiente...).

- Concurso de acertixos matemáticos todos os venres do mes de novembro.

- Exposición de Xardíns Eternos do alumnado de 4º PDC, con explicacións do proceso de creación e funcionamento destes preciosos xardíns en miniatura.

- Obradoiro de Xardíns Eternos para alumnado e profesorado. Todo un éxito que agardamos replicar en vindeiras actividades.

Moitas grazas a todas e todos os que participastes nas actividades, sobre todo á nosa profe de Física e Química Teresa Sumay, que impartiu os obradoiros de xardinería.

Agardámosvos co mesmo entusiasmo nas próximas actividades que están por vir!!

martes, 15 de octubre de 2024

Concursos polo Samaín'24

 Outro ano máis a Biblioteca ten o pracer de convidaros a que participedes nos concursos de terror deste ano

Concurso de Relatos.

Elabora a túa historia de medo e déixaa na caixa que atoparás na biblioteca.
Tes ata o 25 de outubro!!

Concurso de Fotos.

Fai unha ou varias fotos de medo e envíaas a boiroteca@gmail.com ou deixaas na biblioteca antes do 25 de outubro!

Concurso de Cabazas.

Decora e trae a túa cabaza o día 30 de outubro. Que medo!


viernes, 21 de junio de 2024

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN: Un verán en viñetas




Comeza o verán e non hai mellor plan para as horas mortas destas vacacións que a lectura. Aquí deixamos as nosas recomendacións cheas de grandes historias e marabillosas ilustracións. A gozar do verán e da BD! Vémonos en setembro.


jueves, 30 de mayo de 2024

Apadriñamento lector co CEIP Praia Xardín

Como tódolos anos, non quixemos rematar o curso sen visitar aos nosos amigos e amigas do CEIP Praia Xardín. A coordinadora da súa biblioteca, Pili, recibiunos na súa casa para que os alumnos dos clubes de lectura do IES Praia Barraña e o alumnado de 1º de EP do CEIP Praia Xardín compartisen un ratiño de lectura ao aire libre. Foi unha preciosa experiencia de lectura compartida, pequenos e maiores gozaron de historias como A que sabe un bico?, Unha familia normal, Unha casa a medida, Chivos, chivóns... e moitas máis. Ao rematar, os padriños recibiron un diploma e un pequeno agasallo, ao igual que os apadriñados. 

Estamos desexando repetir, e andamos a argallar algunha cousiña máis para estes últimos días, manterémosvos informados.


viernes, 15 de marzo de 2024

Obradoiro de ilustración con Xulia Pisón

 


Na segunda avaliación visitou a Boiroteca a autora e ilustradora Xulia Pisón, nunha actividade organizada pola Biblioteca e o Equipo de Dinamización Lingüística. Xulia acudiu ao noso centro para traballar co alumnado de 2º de ESO nun obradoiro de ilustración. O obxectivo deste obradoiro, ademais de aprender técnicas para debuxar personaxes, preparar o guion, planificar o deseño de imaxe e texto... é trasladar a novela de María Reimóndez, Corredora, que o alumnado leu neste trimestre, a banda deseñada. Estamos desexando ver os resultados!

Ademais, Xulia tivo a amabilidade de adicar un ratiño aos membros do club de lectura DeBoirolibros, e concederlles unha entrevista que poderedes ler na nosa revista escolar no final do curso.

Con esta actividade contribuimos a dar corpo e presenza na nosa biblioteca ao lema das BE deste curso: "Unha biblioteca escolar en viñetas"