Correo electrónico

boiroteca@gmail.com

lunes, 11 de noviembre de 2019

Gañadores dos concursos polo Samaín e fotos


O pasado Venres 8 de novembro se fixo entrega dos premios aos gañadores dos concursos de relatos e fotos de medo, e decoración de cabazas polo Samaín. A entrega fíxose no segundo recreo nesta, a vosa biblioteca, coa presenza do equipo de biblioteca.

O Gañador da foto de medo foi Luis Miguel Ramos Silva de 2º Bach D
Luis Miguel Ramos Silva
A foto gañadora


Os gañadores dos relatos de medo foron Carla Saborido Pérez de 1ºESO B co relato "No solpor dun día de loito" e Erik Vázquez Muñiz de 2º Bach D con "O Samaín"

Erik Vázquez Muñiz

Carla Saborido Pérez

E finalmente os premios ás máis arrepiantes cabazas recaíron en Paula Treus Redondo, Mónica Tubío Viturro e Alex Silva Sampedro de Educación Especial.

Paula Treus Redondo, Mónica Tubío Viturro e Alex Silva Sampedro






As fotos de medo puideronse ver expostas nun taboleiro na entrada do Centro, podes morrerte de terror VÉNDOAS AQUÍ

A biblioteca invadida polo Samaín















 

lunes, 23 de septiembre de 2019

INICIO DO CURSO 2019-2020

Benvid@s unha vez máis a un novo curso escolar cheo de boas lecturas e actividades diversas.
Agardámosvos na vosa Biblioteca con espacios de lecer, prensa diaria e moitos, moitos libros.
Podedes facer chegar as vosas suxestións ao correo boiroteca@gmail.com

lunes, 8 de abril de 2019

VI Proxecto de Biblioteca de Centro: DIVERSIDADES

Ola.


Hoxe inauguramos o VI Proxecto de Biblioteca de Centro, tamén chamado "Semana Temática", que encherá de actividades os nosos corredores e espazos dende o 8 ata o 12 deste mes de abril.

O tema xira en torno ás problematicas que xurden na convivencia entre as persoas ao padecer discriminación dalgún tipo.

Enarbolamos a bandeira do feminismo e loitaremos pola igualdade, axudando a visibilizar a autoras e mulleres de importancia, denunciaremos o machismo e a violencia e abriremos un espazo de expresión, reflexión e denuncia sobre as desigualdades.

Benvidas, benvidos, imos a celebrar as DIVERSIDADES.




DÍA 8. LUNS

Poderedes atopar todo tipo de traballos escritos nos diferentes corredores do centro, na biblioteca, no vestíbulo, nas paredes...






A rapazada do segundo curso de bacharelato de artes vos convida a escoitar audios sobre a diversidade. Atoparedes os traballos de Alex Castro, Carlos Iglesias, Lucas Romero e Manuel Martínez.

Este mesmo grupo fixo unha serie de carteis centrados no evento, que vos amosarei a continuación e que atoparedes expostos no vestíbulo do centro.






https://mega.nz/#F!aA1nyCyY!0mVFqYbjpmwiwnZUhfWu4Q









DÍA 9. MARTES


Andan a exibirse estos días unhas curtas feitas polo alumnado de 1º de bacharelato.



"Descúbrete" de Lorena Gómez, Luis Miguel Ramos, María Álvarez, Lourdes Cruz y Silvia Ageitos de 1º Bach D.



"Xa Quixeras!" por Pamela Andana, Antía Picos, Lorena García e Miriam Pardal de 1º BACH D.


"Chora, chora, que despóis non mexas!", por Andrea Rivas, Natalia Pérez, Raquel Fernández, Nerea Rodríguez, Sara Fernández, Pablo Novo e NOa Castiñeiras, de 1º BACH D

Hoxe imos a compartir imaxes das cartolinas que o alumnado situou no segundo andar do centro, así como algúns dos traballos presentados polo alumnado de primeiro de bacharelato.







Seguindo cos audios da diversidades dos alumnos de 2º Bach D, poderedes escoitar os que nos traen Rita e Emma, María, e Uxía.




DÍA 10. MÉRCORES

Un novo relato narrado esta vez a mans de Natalia, Alicia, Alejandra e Carla.

Aproveitamos tamén para colgar as presentacións do alumnado de 4º ESO para Xeografía e Historia:
O Sufraxismo.
.
DÍA 12. VENRES.