Correo electrónico

boiroteca@gmail.com

miércoles, 12 de diciembre de 2012

Viaxe ó reino de Hades, por Lara Mazanedo.



Viaxe o reino de Hades

Percorro a escuridade pensando, flotando nesta balsa, morto. 
Abrazo a escuridade, esta néboa espesa e danzante que cobre os ollos e asfixia os meus nervios vibrantes. 
Son durminte, pero á vez bailarín, cantante, feiticeiro, mensaxeiro, curandeiro e guerreiro no país dos soños, o cal desexo. 
Voume de aquí lentamente, perdo as cadeas deste mundo; as cadeas están rotas, pero aínda me pesan, as feridas profundas seguen a sangran, e a miña voz é tan inaudible que podo estar trás de ti e non ser escoitado polos teus oídos. 
Vivín un mundo imaxinario, vivín lonxe de aquí, noutros mundos e dimensións, onde só a túa voz me pode coller.

Por iso adoro cando ti me traes a este mundo, cando te podo sentir. O teu corpo cálido é o meu escudo, a túa voz doce envólveme, pero a túa mirada... a túa mirada atérrame, porque cando os teus ollos me ven, deixo de ser abstracto, onírico, e recordo que estou neste mundo real, onde son un escravo durminte... pobre infeliz son eu... ódiote muller, por facer que me encarne, e sacarme do opio do país dos sonos. 
Pero busco incesantemente o teu cheiro, afógame, faime sentir que podo ir deixando o meu corpo ao teu coidado. 
Pero a túa mirada acoitélame, éme horrible, os meus ollos confusos e insensatos sendo vixiados, sácasme á luz na escuridade, por iso baixo a mirada, porque eu sinto que son pantasmal, abstracto, onírico.

Afógome, recordo cando me mataches, leváchesme á morte, unha morte sen piedade e decateime que nada me ataba a este mundo máis có meu amor por ti. 
Adoro este mundo, ámoo en xeral, é tan tolo e irreal, tan satírico e maldito. 
Mundo maldígote. 
Odiáchesme, pisáchesme, desprezáchesme e enganáchesme. 
Non es ninguén, e é todos. 
Vivo no teu pegañento xogo noxento... por que me odias tanto, que me negas a felicidade da morte. 
Cóntame, ¡contámolo!... Seguido me enganas nun xogo tan vil que é fermoso, a túa crueldade é sublime e apaixonante,... a morte é tanfermosa...arrogante...o seu erro deléitame... e incapaz de conseguilo...

Oh, viña vostede señorita, dama danzante que me secuestra dos sonos.¿ Sabía vostede que se pode perecer aínda latexando? Nada no mundo é finito, nada é perfecto, pero recordo a miña morte...


Pódese morrer, por suposto, pódese morrer no Wonderland. 
Oh, meu amor, matáchesme ao romper o meu orgullo, Por que!?!Matáchesme! Ódiote! Percorrín a túa alma coma ninguén, leveicheao meu mundo e ti... a túa soa existencia matou o meu orgullo, quitáchesme o título de cabaleiro da escuridade e aínda me dicías "Quérote ", sen pudor, son un cabaleiro... cabaleiro? 
Non, gobernante dos pesadelos tituleime.
E nos teus ollos blasfemei, aínda que nunca podería dicirche que "non", nunca tedanei. 
Eu sanguinario, tiven que soportar todas as feridas. 
Ti, mentireira, hei de ferirte soa, levarte ao inferno, bañámonos en sangue pola túa culpa, fareite odiarme e dirasme " ¡monstro! " eu rirei e na túa tumba deixar as flores máis fermosas e puras, como ti non es... "


Recordo a túa carne, o teu olor, o teu bafo cando te fixen miña, o teu orgullo. 
Querida... fíxente miña por despeito!. 
Érasme tan fermosa quetedesprecei con toda a miña alma, e aínda que sabía o resultado do que ocorrería, aceptei só para ferirte o sangue fría. 
Ti mataches o meu orgullo querida, quitáchesme as miñas cousas máis fermosas: a miña soidade, a miña independencia, a miña pureza, a miña inocencia e a miña crueldade.

Agora estou aquí case morto, eu que estou fóra deste mundo nada meata aquí, só a miña respiración e o mero recordo da túa. 
Vou pasando por un túnel escuro deitado nunha balsa, a auga cántame coa súa piedade e levo os ollos pechados pero vexo, vexo os meus pesadelos, os meus medos, son tan horrorosas que son fermosos e por iso ámote...


Cando chegue ao final deste túnel, chegar ao país de Hades?


Meu amor, cando eu mesmo merexeite...porque  nin eu mesmo acepto o meu ser... pero, nese momento, cando lave as mans con perfume, alzarei con orgullo unha copa de licor e bicarei un dos meus grandes amantes...o revólver. 
Cando vin o meu propio sangue por uns segundos, encontreina fermosa, ¡oh! Acto sublime da miña morte física, xa que psicoloxicamente hai anos que nin sequera existía. 
O meu agonizar foi eterno, pero sinistro...sinistro porque foi unha morte solitaria, o remato dun ser que nunca existiu.  
Agora...non me arrepinto de nada, recordo cando alcei o coitelo "a calar muller! " e escribín o meu nome sen escrúpulo no teu pescozoporco pola túa carne e a túa existencia...


" Oh, calar!

A túa voz causábame noxo, é ademais, a forma como te obrigas a impoñer sobre outros sen razón nin autoridade xerárquica, seguramente se eu tivese sido muller, tería sido gran rebelde ou "unha señorita". 
Se fóra señorita tería un tempero e unha elegancia que ti nin poderías pisar, non usaría roupas custosas nin me deixaría a grosa capa de maquillaxe, sería algo que non é físico pero todos poden ver... e igual que agora, seguiríate o xogo só para que te firas só sen piedade...


É verdade...creo que non cheguei ao país de Hades, pero con que este lonxe de ti é chégame... un segundo!  

Onde te fuches? 

Onde te fuches co meu castigo?  

Oh, verdade... verdade...recordo todo...



"Señorita, pódeme soltar un pouco esta camisa? É que a miña alma prega tinguir estas murallas brancas co vermello do meu sangue... "

" Que? Afaste esas agullas!Por favor que lle fixen eu? "

" Non quero durmir outra vez! Por favor mátese! Este lugar é horrible, por favor teña piedade, non achegue máis esa agulla... "




Por Lara Manzanedo (2º Bach C)



























martes, 13 de noviembre de 2012

Concursos do Samaín 2012

Estes días celébrase o primeiro Concurso de Fotos de Medo, de Relatos de Terror e de Decoración de Cabazas no Instituto, que contou cunha modesta pero notable participación, dentro do programa de actividades que ten a Biblioteca para estes días que rodean a festividade de Samaín, Halloween ou Defuntos.


Perdidas entre mortos viventes e criaturas redivivas, diaños, defuntos, aparecidos e pantasmas, as fotos dos nosos participantes foron expostas no corredor que leva á sala de profesores, non deixedes pasar a ocasión de botarlle un ollo (e non o digo literalmente, lembrade que algunhas das personaxes retratadas veríano como un bo aperitivo).

A nosa Biblioteca foi enfeitizada polas bruxas de Boiro, enchéndose de Cabazas decoradas para a ocasión, medio ocultas entre unha morea de arañeiras misteriosas.

Tras moitas deliberacións e preguntas e recollendo o sentir da maioría do persoal entrevistado do centro, o premio á foto gañadora recaeu en Gabriel Piñeiro Fernández (4ºESO A) sendo finalistas Aida López e Lara Manzanedo Matilla.


Os relatos que máis estremeceron os xuíces foron Viaxe ó reino de Hades de Lara Manzanedo Matilla (2º Bacharelato C)  na categoría de bacaharelato e As pegadas oíanse preto de Julia Martínez Tomé (3ºESO A) na categoría de ESO.

Vanesa Somoza González (2ºESO B) acadou o premio á mellor cabaza.

Só pode haber un gañador, aínda que fosen moit@s os que o merecesen, pero así son as cousas e os recortes non nos dan máis que para un premio por categoría.





Esperamos que iniciativas como esta sexan mellor acollidas e valoradas de cara á normalización da fotografía e a escrita como medio de expresión. (Tamén tallar cabazas, ou!)

Aquí podedes ver as fotos concursantes.


Benvid@s

Ola.
Benvid@s á Biblioteca do IES Praia Barraña de Boiro