Ola estudantes!
Son LEO e quero darvos a benvida á vosa Bilioteca onde atoparedes xogos, boas lecturas e un entorno didáctico e acolledor.
Poñede a orella porque pronto teremos concursos e actividades moi chulas
Unha aperta!!
Ola estudantes!
Son LEO e quero darvos a benvida á vosa Bilioteca onde atoparedes xogos, boas lecturas e un entorno didáctico e acolledor.
Poñede a orella porque pronto teremos concursos e actividades moi chulas
Unha aperta!!
Con motivo da conmemoración do Día do Libro e o Día das Letras Galegas, a Boiroteca organizou unha serie de actividades relacionadas co libro e a lectura:
- Visita dos autores Raquel Castro e Francisco Castro. Raquel falou co alumnado de 1º ESO da súa obra Dormente, mentres que Francisco departiu cos rapaces e rapazas de 2º ESO sobre Iridium. Foron dúas visitas fantásticas e moi ben valoradas polo alumnado.
- Actividades de busca de información "Entre libros e letras": todos os alumnos e alumnas da ESO pasaron pola Boiroteca para resolver unha serie de actividades que incluían sopas de letras, encrucillados, puzles e un preguntón sobre o Día do Libro e as Letras Galegas.
- Apadriñamento lector co alumnado do CEIP Praia Xardín. Os rapaces e rapazas que forman parte dos Clubs de Lectura achegáronse ao noso centro de primaria adscrito para unha sesión de lecturas compartidas. Todo un éxito entre grandes e pequenos!
Con un chisco de retraso sobre a propia data por problemas de horarios, o 5 de maio o alumnado de 1º Bacharelato de Ciencias compartiu unha mañá cos alumnos e alumnas de 5º e 6º de EP do CEIP Praia Xardín na Boiroteca.
Para comezar, un grupo de alumnas e un alumno fixeron unha dramatización presentando ao alumnado de primaria a 5 mulleres salientable da ciencia: Ángela Ruiz Robles, Hipatia, Marie Curie, Hedy Lamarr e Ada Lovelace. A continuación, e axudados polos alumnos e alumnas de Bacherelato, os rapaces e rapazas de Praia Xardín fixeron os seus pequenos xardíns eternos. O noso alumnado foinos guiando e explicándolles como funcionan, por que sobreviven as plantas dentro dos pequenos botes, que produtos estaban utilizando...
Todos remataron a xornada encantados!
Como xa adiantamos, polo 8M decidimos preparar un pequeno traballo de investigación sobre mulleres salientables da nosa historia utilizando os materiais dos que dispoñemos na Boiroteca, que son moitos e moi interesantes. Preparamos un Padlet con todos eles e metémolos nunha caixa que se podía levar ás aulas ou utilizar na propia biblioteca. Foron varios os e as profes que se animaron a facer uso dela, e agora os traballos realizados polo alumnado están expostos nos corredores do centro. Botádelles un ollo, descubriredes a mulleres moi interesantes!