Ola estudantes!
Son LEO e quero darvos a benvida á vosa Bilioteca onde atoparedes xogos, boas lecturas e un entorno didáctico e acolledor.
Poñede a orella porque pronto teremos concursos e actividades moi chulas
Unha aperta!!
Ola estudantes!
Son LEO e quero darvos a benvida á vosa Bilioteca onde atoparedes xogos, boas lecturas e un entorno didáctico e acolledor.
Poñede a orella porque pronto teremos concursos e actividades moi chulas
Unha aperta!!
Agora que rematan as clases e o Astro Rei comeza a deleitarnos co seu caluroso agarimo, dende a vosa biblioteca vos facemos esta serie de recomendacións lectoras que mesturan banda deseñada, ficción, ensaios e todo tipo de contidos ideais para ler tumbados ao carón dun vaso de zume ben fresco.
Abrimos finalmente a Boiroteca despoís de ter mudados todos os fondos grazas á axuda do equipo de Biblioteca do Centro e Vicedirección.
Foi unha tarefa moi dura e nos levou varios meses e agardamos que o resultado vos pareza que mereceu a pena. Este ano o equipo estará capitaneado por Helena García, que coordinará a MªJosé García, Nieves González, Marieta Picón, Miguél Saa e Pascual Vidal. Tendes o hario de cada quen colgado na porta de entrada do espazo.
A Biblio permanecerá aberta do primeiro ao segundo recreo, é decir, entre as 10:10 e as 12:30.
O préstamo está permitido a calquera integrante da comunidade educativa, e faise en ciclos de 15 días que se poden ampliar. Cada persona poderá ter ata tres libros no seu poder nun momento dado.
Ola Boirotek@s!
Comezamos con tropezos este novo curso no que estamos trasladando a Biblioteca de sitio!
Agora a atoparás no antigo taller de Volume, a porta que está diante da cafetería.
Abriremos nuns días... permanecede á espera.
As estanterías xa están no sitio... agora hai que mover os fondos!!
O sábado 30 de xaneiro celébrase o Día da Ilustración.
Este ano, está dedicado á artista multidisciplinar Lolita Díaz Baliño, primeira muller en ingresar na Real Academia Galega (RAG), que abriu camiños enfrontando os desafíos da época que lle tocou vivir.
Visibilicemos unha artista e unha obra inxustamente esquecida.
Para máis información esta podes acceder ao seguinte enlace
![]() |
| Foto por CARMELA QUEIJEIRO |